PASARÚAS ENTROIDO 2019

Como en anos anteriores dende o centro queremos celebrar o comezo do Entroido cun pasarúas por Arteixo.

  O alumnado dende 5º Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria irán polo paseo fluvial incorporándose  a altura do Gadis e subindo logo pola rúa peonil.

O Horario de comezo do pasarúas será as 11:15 hs.

 O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) desfilará pola Avda. Arsenio Iglesias no tramo da avenida que discurre por diante do colexio. 

 O  minipasarúas comezará sobre as 11:30 hs. (ao remate de sair os maiores do centro).

 Normas a seguir polas familias:

- Non se pode separar a ningún neno/a dos compañeiros/as e da súa fila.

 Por favor non darlles a mán aos/as nenos/as. Eles/as teñen que desfilar co seu grupo.

- Calquer foto que se faga será sempre sen parar o desfile.

- Non se pode repartir ningun lambonadas aos rapaces durante o desfile.

Solicitamos a vosa colaboración respetando e colaborando con estas normas  e así disfrutar xuntos desta e futuras celebracións.

Imaxes percorridos

Publicación da UNESCO

O Ceip Ponte dos Brozos foi un dos  7 centros  seleccionados pola UNESCO, entre os máis de 100 presentados en todo o mundo, para aparecer nunha publicación sobre mellores prácticas de aprendizaxe móbil.
O noso centro aparece entre centros doutros paises como Reino Unido, Rusia, Portugal, Israel e 2 de China
Como consecuencia desto fomos invitados a participar na Mobile Learning Week a celebrar na sede central da Unesco en París entre os días 4 e 8 de marzo
Sentímonos moi orgullosos de situar a Arteixo, Galicia e España neste reducido elenco de centros con algo que contar e que compartir co resto do mundo
 
Enlace á publicación sobre o noso colexio
Enlace ao sumario dos outros centros

Simulacro de accidente para a implantación do plan de emerxencia exterior de Arteixo Química

Mañán martes,día 18 de decembro ao longo da mañán (SOBRE ÁS 12:20 HORAS),haberá un simulacro de accidente para a implantación do plan de emerxencia exterior de Arteixo Química. Máis información no arquivo adxunto.

Arquivo (galego)

Arquivo (castelan)

Establecimentos onde estan depositadas as tarxetas NADAL SOLIDARIO 2018 (actualizado)

Aqui podedes descargar a relación de establecementos comerciais onde estan localizadas as tarxetas participantes na campaña Nadal Solidario 2018 en colaboración co Centro Comercial Arteixo.

PERÍODOS NON LECTIVOS CURSO 2018-2019

PERÍODOS NON LECTIVOS

INFORMACIÓN A NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS

Curso: 2018/2019

Segundo a Orde do 28 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) establécese:

1. PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 NADAL: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

 ENTROIDO: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

 SEMANA SANTA: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

2. DÍAS NON LECTIVOS:

 Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 Días non lectivos solicitados por razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: 2 de novembro de 2018 e 20 de maio de 2019.

 Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos 7 de decembro de 2018.

Distribuir contido