DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 5 de decembro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 6 de decembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 7 de decembro.

CONVERSA COAS FAMILIAS SOBRE CONDUTAS ADITIVAS

                  

 

Máis información, aquí.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Mañá, venres 11 de novembro, remata o prazo para a presentación das candidaturas ao Consello Escolar, dos distintos sectores educativos. 

 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 31 de outubro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 1 de novembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 2 de novembro.

Un saúdo

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

Dacordo coa resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, efectúase unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ adicionais.

- Unicamente recibirán esta ampliación de 25€ aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50€.

- Os vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaria do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 9:30 a 12:30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acurdir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Mércores 19 de outubro: 1º e 2º nivel

- Xoves 20 de outubro: 3º e 4º nivel

- Venres 21 de outubro: 5º e 6º nivel

Poderánse recoller os vales dos irmáns no mesmo día

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

TODO o alumnado que solicituo a actividade de biblioteca está admitido. 

Data de comezo da actividade. Mércores 14 de setembro

RUTAS DE TRANSPORTE CURSO 22-23

IMPORTANTE. Ante o cambio de compañía e a non confirmación de horarios por parte da mesma, rogamos estean nas paradas con tempo de antelación suficiente ata que se axusten os horarios de cada ruta. 

 

Liña 1. CEIP Ponte dos Brozos - Centro de Saúde – Portegaza – Campolongo – Rorís – Anzobre – Barreiros – Monteagudo Igrexario – Santaia Igrexario – Santaia.

 

Liña 2. CEIP Ponte dos Brozos - Barrañán Ponte – Chamín de Abaixo – Chamín do Medio – Chamín de Arriba – Eirís Sorrizo – Ca,po Sorrizo – Moucho Sorrizo – Seixo Sorrizo – Seixo, 41 – Alvite – Folgueira.

 

Liña 3. CEIP Ponte dos Brozos - Urbanización Baer – Campo – Pata- Seara.

 

Liña 4. CEIP Ponte dos Brozos - Rañal – Rañal 2 – Bloquera – Lañas de Abaixo – Lañas Hermida – Lañas de Arriba – Anide – Rexidoiros – Coque – Godón – Paiosaco – Pedra – Mirón.

Distribuir contido