Calendario Escolar

Actualizamos o calendario escolar do curso 2020-21 co día non lectivo solicitado polo centro, que será o luns 3 de maio.

 

Abrir Calendario

 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Venres 13 de novembro de 2020 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

 

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

1) Descargar o formulario

2) Documentación a entregar

3) Prazo e forma de presentación

 

  • A solicitude será única para os fillos/-as matriculados en educación primaria. 

 

  • Presentación no centro (non hai outras opcións posibles)

 

  • Informaremos na web da publicación da resolución provisional, a consulta terá que ser presencial. Non nos permiten poñela na web nin en outros espazos dixitais.

 

OBRAS NO CENTRO

O pasado venres deron comezo as obras de acondicionamento e reparación de fachada e cuberta do pavillón II do centro.

Os traballos realizaranse en horario de tarde para non interceder coa xornada lectiva, segundo o establecido pola Consellería de Educación, promotora da intervención. 

Ademais esta mesma semana empezarán as obras de reparación da cuberta do pavillón I e do pavillón III, tamén en horario de tarde e promovidas polo Concello de Arteixo.

 

MODIFICACIÓN DE HORARIOS DE ENTRADA EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Resáltanse os grupos que sofren modificacións. As horas de saída e as portas de acceso non se cambian.  

Horario vixente a partir do martes 13 de outubro.

 

NIVEL E GRUPO

ENTRADA

SAÍDA

EI 4º

9.30

14.00

EI 5º A

9.20

14.10 

EI 5º B,C

9.20

14.15

EI 5º D,E

9.20

14.20

EI 6º A

9.15

14.10

EI 6º B,C

9.15

14.15

EI 6º D,E

9.15

14.20

EP 1º A,B,C,D,E

9.20

2.15

EP 2º A,B,C,D,E

9.25

14.25

EP 3º A,B

9.30

2.10

EP 3º C,D

9.30

2.20

EP 3º E,F

9.30

2.30

EP 4º A,B,F

9.25

14.15

EP 4º C,D,E

9.30

14.25

EP 5º

9.25

14.20

EP 6º

9.30

14.30

 

 

 

CASO POSITIVO ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Ante a noticia nos medios de comunicación da confirmación dun caso positivo en COVID-19 no noso centro, informamos:

O alumnado do grupo considerado contacto directo co positivo xa foi contactado pola Consellería de Sanidade, que lle informou dos pasos a seguir e o citou para a realización da PCR correspondente.

O mesmo aconteceu co profesorado que estivo en contacto con ese grupo.

Estamos atentos á evolución e continuamos cumplindo coas normas establecidas no protocolo publicado pola Consellería de Educación. Grazas pola súa permanente colaboración.

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que mañá, 16 de setembro, é festivo local. 

Protocolo de Adaptación á situación COVID-19 e outros documentos.

 

Publícanse os documentos que regulan o funcionamento do centro durante a pandemia provocada polo COVID_19.

 

1) Plan de adaptación

 

2) Plan de continxencia

 

3) Plan de acollida

 

 

Distribuir contido