CEIP Ponte dos Brozos

OBRAS NO CENTRO

O pasado venres deron comezo as obras de acondicionamento e reparación de fachada e cuberta do pavillón II do centro.

Os traballos realizaranse en horario de tarde para non interceder coa xornada lectiva, segundo o establecido pola Consellería de Educación, promotora da intervención. 

Ademais esta mesma semana empezarán as obras de reparación da cuberta do pavillón I e do pavillón III, tamén en horario de tarde e promovidas polo Concello de Arteixo.