RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o curso 2022/23 en centros adscritos, comunicamos a resolución:

 

Reserva de praza para 3º de Primaria do alumnado procedente das escolas unitarias: todas admitidas.

Formalizarán neste centro a matrícula no mes de xuño. Informaremos do procedemento nesta mesma web.

 

- Reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito IES Manuel Murguíatodas admitidas.

Formalizarán no instituto a matrícula no mes de xuño

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 2021/2022

Seguindo o establecido na Orde do 28 de Outubro de 2021, infórmase de que a distribución das máscaras realizarase do seguinte xeito: 

Mércores 12 de xaneiro: 1º e 2º Educación Primaria

Xoves 13 de xaneiro: 3º e 4º Educación Primaria

Venres 14 de xaneiro: 5º e 6º Educación Primaria

 

As máscaras recolleranse no pavillón administrativo de 9:30 a 12:30  nas datas sinaladas e deberán asinar a folla de recollida. Se teñen fillos/as matriculados en diferentes cursos poderán recollelas nun mesmo día. 

Así mesmo, quen non poida acudir, poderá autorizar por escrito a unha persoa que o faga, adxuntando copia dos DNIs.

 

Un saúdo

A Dirección

DÍA NON LECTIVO

O martes 7 de decembro  é un dos días escollidos e aprobados polo Consello Escolar como NON LECTIVO (xunto co 16 de maio de 2022). Por tal motivo, as clases reanudaranse o XOVES, 9 de decembro.

Un saúdo. O Equipo Directivo

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 2021/2022

 

Seguindo o establecido na Orde do 28 de Outubro de 2021, infórmase de que:

- Está publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do pavillón administrativo. 

Horario de secretaría de 9.30 a 12.30 

 

- Para a súa distribución seredes informados a través desta páxina web.

Un saúdo

A Dirección

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS. CURSO 2021-2022

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.htmlserán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

 

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (NON terán que presentar solicitude)

 

  • O alumnado que non foi beneficiario das axudas de material escolar  e cumpra un dos seguintes criterios establecidos na Orde anteriormente citada: 
    • Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019)
    • Alumnado de Educación Especial,
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
    • Alumnado con discapacidade recoñecida de máis do 65%.

 

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo (Soamente deben entragalas o alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar).

 

DOCUMENTACIÓN a ENTREGAR

-          Anexo I e Anexo II (Pódese recoller na conserxería do centro ou descargar aquí)

-          Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.

Organización das entradas a partir do luns día 15 de novembro de 2021

As portas de entrada ao recinto serán abertas PARA TODO O ALUMNADO ás 9:20 horas. ROGAMOS  ACUDAN Á ENTRADA NA HORA QUE LLE CORRESPONDE A CADA NIVEL EDUCATIVO.

Unha vez dentro, organizarase deste modo:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º Educación Infantil. Igual que ata o de agora.

5º Educación Infantil. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

6º Educación Infantil. Entran directamente ás 9:25 horas para as aulas, como ata o de agora.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º NIVEL. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

2º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 1 ata as 9:25 horas que accederán ás aulas.

3º NIVEL. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

4º NIVEL. Farán as filas na porta sur do pavillón 1 ata as 9:30 horas que accederán ás aulas.

5º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 2 ata as 9:25 horas que accederán ás aulas.

6º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 2 ata as 9:30 horas que accederán ás aulas.

MODIFICACIÓN DO USO DA VÍA PÚBLICA NA ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

A partir de maña, 9 de novembro, a Policía Local, establece unha nova organización da vía pública no horario de entrada e saída aos centros educativos quedando restrinxido o uso da estrada aos vehículos de transporte escolar, garderías e minusválidos. Polo tanto, os espazos reservados as familias do alumnado serán exclusivamente as beirarrúas.

Rogamos que para evitar aglomeracións cumpran estrictamente o horario de entrada e saída do alumnado. 

Moitas grazas pola súa colaboración.

Distribuir contido