CEIP Ponte dos Brozos

CASO POSITIVO ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Ante a noticia nos medios de comunicación da confirmación dun caso positivo en COVID-19 no noso centro, informamos:

O alumnado do grupo considerado contacto directo co positivo xa foi contactado pola Consellería de Sanidade, que lle informou dos pasos a seguir e o citou para a realización da PCR correspondente.

O mesmo aconteceu co profesorado que estivo en contacto con ese grupo.

Estamos atentos á evolución e continuamos cumplindo coas normas establecidas no protocolo publicado pola Consellería de Educación. Grazas pola súa permanente colaboración.