QUENDAS DE INCORPORACIÓN AO CURSO 2020/21

Recibida a autorización da Xefatura de Inspección Educativa, estes son os días de incorporación do alumnado ao centro:
 
10 de setembro: 5º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria 
 
11 de setembro: 6º de Educación Infantil   e 2º de Educación Primaria 
 
14 de setembro: 3º de Educación Primaria e  5º de Educación Primaria 
 
15 de setembro:  4º de Educación Primaria e 6º de Educación Primaria 
 
Horarios e portas de acceso ao recinto
 

PAVILLÓN I

 PORTA DE ACCESO E SAÍDA DO RECINTO E1 (Portal fronte ao Eroski)

1º EP : TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:15 h. e saída ás 14:15 h.

 2º EP  TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:25 h. e saída ás 14:25 h.

 

3ºEP, grupos A e B: entrada ás 9:10h e saída ás 14:10h.

 3º EP, grupos C e D: entrada ás 9:20 h e saída ás 14:20 h.

3º EP, grupos E e F: entrada ás 9:30 h e saída ás 14:30 h.

 

PAVILLÓN II

PORTA DE ACCESO E SAÍDA DO RECINTO  E3 (Portal a continuación da entrada principal ao centro, despois da conserxería)

 

4º EP, grupos A, B e F: entrada ás 9:15 h e saída ás 14:15 h.

4º EP, grupos C, D e E: entrada ás 9:25 h e saída ás 14:25 h.

 

 

PORTA DE ACCESO E SAÍDA  DO RECINTO E4 (Portal de acceso ao comedor)

 

5º EP TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:20 h e saída ás 14:20 h.

 

6º EP TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:30 h e saída ás 14:30 h

 

 

 

PAVILLÓN III

PORTA DE ACCESO E SAÍDA DO RECINTO E5 (Portal que dá acceso ao patio cuberto do Pavillón 3)

 

6º EI: TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:15 h

6º EI, grupo A saída ás 14:10 h

6º EI, grupos B e C saída ás 14:15 h

6º EI, grupos D e E saída ás 14:20 h

 

 

 4º EI: AO REMATE DO PERIODO DE ADAPTACIÓN:

      entrada ás 9:30 h e saída ás 14:00 h. 

 

 

PORTA DE ACCESO AO RECINTO E6 (Portal de acceso fronte ao Gadis)

 5º EI:TODOS OS GRUPOS entrada ás 9:20 h.

 

 5º EI, grupo A: saída ás 14:10 h

 5ºEI, grupos B e C: saída ás 14;15 h

 5º EI, grupos D e E: saída ás 14:20 h

 

ENTREGA DE VALES E CHEQUES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL. CURSO 20/21.

Se o vale/cheque NON é recollido polo proxenitor que realizou a solicitude deberán traer unha autorización asinada para poder retiralo. A persoa que o retire traerá  o DNI/NIE que o/a identifique.

No caso de haber irmáns, poderanse retirar os vales/cheques á vez independentemente do nivel no que estean matriculados/as.

No caso de non poder asistir na quenda asignada, pasará pola secretaría do centro a partir do día 10 de setembro, CON PREVIA CITA (teléfono 881.960.506)

O mesmo día que pasen a recoller o cheque poden tramitar o cambio de Relixión a Valores e apuntar aos nenos/as na actividade de Biblioteca e de Lingua Árabe e Cultura Marroquí, na secretaría do centro.

Accederase ao recinto escolar cumprindo as normas vixentes dacordo ás instrucións sanitarias.

Xoves, 3 de setembro. Alumnado de 1º nivel. Na conserxería do centro.

·        

De 9:00 a 10:00 horas: de Abelenda Fernández, I. ata García Suárez, N.

·        

De 10:00 ata as 11:00 horas: de González Fernández, A. ata Vázquez Rocha, N.

Venres, 4 de setembro. Alumnado de 2º nivel. Na conserxería do centro.

·        

De 9:00 a 10:00 horas: de Abeleira Brandón, N. ata Hicham, S.

·        

De 10:00 a 11:00 horas: de Iglesias Fraga, V. ata Verdú Pérez, S.

Luns, 7 de setembro. Alumnado de 3º nivel. Na conserxería do centro.

·        

De 9:00 a 10:00 horas: de Abeleira Rodríguez, A. ata Herrera Escobar, S.

·        

De 16:00 a 17:00 horas: de Iglesias Lema, D. ata Veciño Vicente, N.

Alumnado de 4º nivel. Na conserxería do centro.

·        

De 17:00 a 18:00 horas: de Adiouban, I. ata García Remuiñán, I.

·        

De 18:00 a 19:00 horas: de de Golán Becerra, N. ata Zraidi el Malki, Y.

Martes, 8 de setembro. Alumnado de 5º nivel. Na secretaría do centro.

·        

De 9:30 a 10:30 horas: de Aldao Abeleira, M. ata Flores Fernández, E.L.

·        

De 10:30 a 11:30 horas: de Franco López, B. ata Rabuñal Bolón, C.

·        

De 11:30 a 12:00 horas: de Ramirez Belandria, G.A. ata Vilas Díaz, A.

Mércores, 9 de setembro. Alumnado de 6º nivel. Na secretaría do centro.

·        

De 9:30 a 10:30: de Abenza Fernández, S ata Bourtal, N.

·        

De 10:30 a 11:30: de Bousbia, Y. ata López Cuesta, I.

·        

De 11:30 a 12:30: de López Varela, A. ata Zraidi el Malki, O.

 

AVISO IMPORTANTE

O centro permanecerá pechado ao público ata novo aviso por causas alleas a nosa vontade. Disculpen as molestias.

Rogamos estean pendentes da páxina para calqueira información que proporcionaremos a medida que as autoridades educativas e sanitarias nos vaian transmitindo.

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020/2021

15/07/2020

Publicadas as listas de alumnado admitido no transporte escolar para o curso 20/21 no taboleiro de anuncios do Pavillón Administrativo do centro ata o día 17 de xullo. Poden consultalas en horario de 9:30 a 12 horas.                               

TODOS OS USUARIOS LEXÍTIMOS ESTÁN ADMITIDOS.           

IMPORTANTE

A asignación de prazas EXCEPCIONAIS ten carácter PROVISIONAL por estar suxeita ás limitacións de capacidade dos vehículos que veñan impostas pola situación sanitaria do mes de setembro en adiante.

É decir, a día de hoxe so teñen a praza asegurada os usuarios lexítimos de transporte escolar (os que teñen o seu domicilio a máis de 2Km do centro educativo).

RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2020/2021

14/07/2020

 

Publicase a Resolución defintivia da axuda de libros e material escolar de Educación Primaria para o curso 2020/2021.

O centro estará aberto ata o venres 17 en horario de 9.30 a 12.00 para consultar as listaxes ubicadas na entrada do Pavillón I (pavillón verde).

 

Os vales serán entregados en setembro. Informaremos na web da súa organización para a recollida. 

 

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2020/2021

8/07/2020

 

Publicase con data de 8 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2020-21.

 

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do Pavillón I, na porta da Biblioteca. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

 

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

 

As solicitudes que se presentaron para alumnos/-as de Educación Infantil quedan excluídas por non estar incluídas na convocatoria.

 

Para o alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

 

Alumnado de 5º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

 

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 13 de xullo, en horario de secretaría ( 09:30 a 12:00). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

MATRICULACIÓN NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

1) Resolución definitiva de novo alumnado para o curso 2020/-21:

2) FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 1 ao 10 de XULLO de 2020.

Horario de 09:30 a 12:00, con CITA PREVIA.

Deben chamar ao teléfono:  881 960 506

 


FORMULARIO DE MATRÍCULA:

Descargar e imprimir

Ou cubrirase directamente na secretaría do centro

 

 

 

3) COMEDOR ESCOLAR E SERVIZO DE MADRUGADORES SOLICÍTASE A TRAVÉS DA ANPA

CONTACTO VER AQUÍ

 

4) TRANSPORTE ESCOLAR:

Distribuir contido