CEIP Ponte dos Brozos

CRIBADO NO CENTRO (22/3/2021)

NOTIFICACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE:

HOXE A PARTIR DAS 16.00 HORAS TERÁ LUGAR NO CENTRO O CRIBADO DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

CADA GRUPO SERÁ CITADO DE MANEIRA PARTICULAR. CONSULTEN O ABALAR MÓBIL OU A CANLE DE TELEGRAM DA TITORÍA PARA CONFIRMAR A HORA Á QUE TEÑEN QUE ACUDIR.

O ALUMNADO TERÁ QUE VIR ACOMPAÑADO DUN ADULTO RESPONSABLE (1 ADULTO POR CADA NENO/A COMO  MÁXIMO).

O CRIBADO SERÁ NO XIMNASIO DO CENTRO XUNTO AO PAVILLÓN ADMINISTRATIVO.

O RESTO DO ALUMNADO E PROFESORADO QUE FOI CITADO POLA APLIACIÓN SERGAS MÓBIL NON TEN QUE ACUDIR A NINGÚN SITIO. AS PROBAS SERÁN REALIZADAS NO CENTRO NOS PRÓXIMOS DÍAS, SERÁN AVISADOS DAS MESMAS CON ANTELACIÓN. 

DESCULPEN AS MOLESTIAS.

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

 

1- CALENDARIO:

Solicitude de admisión do 1 ao 22 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación de baremo, en caso de haber máis solicitudes que prazas (INFORMARASE DO PRAZO NESTA WEB)

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

2- FORMA DE PRESENTACIÓN:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
  3. Cubrir a solicitude manualmente e entregala  asinada no centro

Descargar : Galego    Castelán    Tamén poden recoller o impreso na conserxería.

Para a entrega presencial deben solicitar cita previa no teléfono, de 09:30 a 12:30 (horario de secretaría)

3- DOCUMENTACIÓN:

  • Ademáis do Impreso da solicitude de admisión ED550B
  • Copia e orixinal do libro de familia, DNI/NIE do alumno ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta.

 

4- ZONAS DE INFLUENCIA:

  • Santiago de Arteixo (Parcial)
  • Santa Mariña, Lañas
  • San Estevo, Larín
  • San Pedro, Armentón
  • San Xiao de Barrañán
  • Santo Tomé, Monteagudo
  • San Pedro, Sorrizo
  • Santaia, Chamín

VER A LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

Centros adscritos:

IES  ao que estamos adscritos para Educación Secundaria: IES Manuel Murguía.

Centros adscritos: EEI de A Lagoa, EEI de Rorís, EEI de Larín de Arriba

 

5- PRAZAS VACANTES

 

 * 15 prazas de reserva para alumnado con NEAE

 

6- CRITERIOS DE BAREMACIÓN  

Deben marcar os criterios que alegan para que se teñan en conta no caso de que haxa que baremar as solicitudes de admisión. Se non se indica nada nun criterio, non se terá en conta.

Para o criterio da renda éste debe vir cuberto cos datos.

VER ANEXO

 

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos: madrugadores, comedor, extraescolares en merenda

Información: Contacto ANPA

Tranporte escolar, xestionado polo centro. Solicítase no momento de formalizar a matrícula.

  • Liña 1:Dende Urbanización Baer (parada excepcional) até Campo- Sorrizo
  • Liña 2:Dende Centro de Saúde (parada excepcional) até Santaia.
  • Liña 3: Dende Bloquera (parada excepcional) até O Rañal 2

 Importante sobre o servizo de transporte:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo.
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

 

 

8- OBSERVACIÓNS

  1. A solicitude de admisión será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  2. O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  3. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  4. Darán lugar á perda do dereito de prioridade:
  • A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo as entregadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio)
  • A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
  • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

9- LEXISLACIÓN

 

 

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

12 de febreiro de 2021

 

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para p curso 2021/22 en centros adscritos, comunicamos a resolución:

 

- Reserva de praza para 3º de Primaria do alumnado procedente das escolas unitarias: todas admitidas.

Formalizarán neste centro a matrícula no mes de xuño. Informaremos do procedemento nesta mesma web.

 

- Reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito IES Manuel Murguíatodas admitidas.

Formalizarán no instituto a matrícula no mes de xuño

 

WEB do IES  

RECOLLIDA DAS MÁSCARAS CONCEDIDAS COA AXUDA (EDUCACIÓN PRIMARIA)

Aquelas familias que estean pendentes da recollidas das máscaras pola axuda de libros poderán facelo no seguintes prazos e horarios.

 

- 1º Educación Primaria. Luns 25 de xaneiro en horario de 9.30 a 12.30

- 2º Educación Primaria. Martes 26 de xaneiro en horario de 9.30 a 12.30

- 3º Educación Primaria. Mércores 27 de xaneiro en horario de 9.30 a 12.30

- 4º Educación Primaria. xoves 28 de xaneiro en horario de 9.30 a 12.30

- 5º Educación Primaria. venres 29 de xaneiro en horario de 9.30 a 12.30

- 6º Educación Primaria. Luns 1 de febreiro en horario de 9.30 a 12.30

No caso de ter varios fillos/as matriculados no centro poderán pasar a recollelas indistintamente nun ou outro día dos establecidos.

De non poder asistir, pódese autorizar a outra persoa. Deixamos un modelo de autorización

Ver modelo autorización

 

Reserva de praza no IES Manuel Murguía para o alumnado de 6º de Primaria

Venres 8 de xaneiro de 2021

 

 

O alumnado que agora cursa 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.

Aviso: as instruccións e impreso foron repartidas ao alumnado en clase durante a mañá de hoxe.

-  Entrega do anexo ED550A e unha copia do DNI/NIE do alumno/a en caso de que dispoñan del.

- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando a custodia é compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores.

- Prazo: do 11 xaneiro ao 8 de febreiro de 2021 (ambos inclusive)

- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos de 09:30 a 12:30 con cita previa 881 960 506

- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as, o Equipo Directivo recollerá a documentación nas aulas e entregarase posteriormente unha copia  da entrega.

- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos.

- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2021-22, informaremos na web do centro. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.

- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

WEB CONSELLERIA. Ver Reserva de praza

 

 

Axuda Máscaras Educación Primaria.

Venres 11 de Decembro.

 

Publicada a Resolución Definitiva, comunicamos dende a Secretaría do centro: 

 

1) O alumnado de Primaria beneficiario recibirá 5 máscaras reutilizables para os 125 días lectivos restantes. 

As máscaras veñen en sobres individuais nos que xa figura a certificación e instruccións de lavado.

 

2) As máscaras serán recollidas por un dos proxenitores idéntificándose con DNI/NIE para asinar a súa retirada.

De non poder asistir, pódese autorizar a outra persoa. Deixamos un modelo de autorización.

Ver autorización

 

3) O reparto será do seguinte modo, organizado por cursos. Non é preciso pedir cita previa pero si respetar ao máximo as franxas horarias así como as medidas de seguridade. 

De non poder asistir, buscaremos outras datas unha vez rematado o reparto que adxuntamos a continuación:

 

Ver reparto

 

 

RESOLUCION PROVISIONAL DA AXUDA DE MASCARAS PARA EDUCACION PRIMARIA.

 

 

Luns 30 de novembro de 2020.

 

Rematado o prazo de presentación de novas solicitudes para a axuda de máscaras, publícase a Resolución Provisional de Admitidos e excluídos.

Consulta ata o martes día 1 de decembro na secretaría do centro en horario de 09:30 a 12:00.

 

Lembramos que as familias que obtiveron o vale de material escolar, xa teñen concedida a axuda.

 

Publicaremos o dia 2 de decembro nesta web a organización da entrega de máscaras no centro.

Distribuir contido