Skip to Content

Nova dirección da ANPA

IMPORTANTE

O pasado 26 de Xuño do 2020, houbo unha asamblea na que a anterior dirección da ANPA se despedía ao completo, e se constituía unha nova dirección.

Este ano debido a situación sanitaria, e a espera de que as autoridades competentes nos indiquen un protocolo e condicións dos comedores, se fará una  preinscripción do comedor/madrugadores. Os interesados deberán enviarnos os datos anteriores e indicarnos en que servicio está interesado (comedor/madrugadores).

O correo onde enviar eses datos é o da ANPA:  informacion@anpaquintan.com

En Septembro se formalizará a inscripción do comedor daqueles alumnos admitidos, así coma a inscripción das Actividades Extraescolares do curso 2020/2021 dos alumnos interesados (sempre pendente das normativas que estean vixentes para o próximo curso)

Información e Instruccións ANPA QUINTÁN 

Solicitudes de Transporte Escolar: Paradas curso 2020-2021

IMPORTANTE

Todos os usuarios do transporte escolar siguen utilizando as mesmas paradas do curso 2019-2020.

Se queren modificar as paradas  teñen que cubrir o seguinte anexo e presentalo no centro ou envíalo por correo electrónico  ata o día 13 de xullo de 2020 inclusive.

Solicitude e autorización de parada de transporte escolar 2020/2021

USUARIOS LEXÍTIMOS:

Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2020-2021.  

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. 

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. 

Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.  

Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2020-2021. 

 

Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2020-2021 

A  posibilidade excepcional por parte das direccións dos centros educativos de dobre asignación de paradas a un mesmo escolar unicamente poderá producirse no caso de que existan prazas baleiras e cando as paradas solicitadas existan nos itinerarios aos colexios e en ningún caso supoña a creación dunha parada nova nin alteración do deseño da ruta ou rutas afectadas, de tal xeito que a única modificación operada nelas se restrinxa á incorporación do alumno beneficiario mediante a súa asignación á segunda parada solicitada.  

Unha vez avaliadas polo centro de ensino as peticións e as xustificacións presentadas e comprobada a existencia de prazas libres nos buses, os colexios implementarán na aplicación "transporte escolar" a dobre asignación de paradas, cuxa idoneidade terá que ser validada antes da súa utilización polos servizos de recursos educativos complementarios provinciais. Feito isto, os centros de ensino comunican a dobre asignación autorizada ás familias e as empresas de transporte escolar, adxudicatarias dos servizos. 

Revista escolar curso 2019-2020

Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publica a súa revista dixital. Desexamos que vos guste! FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!


Despedida do alumnado de 6º

Un ano máis, outra promoción de rapaces e rapazas rematan a súa etapa no CEIP Pedro Barrié de la Maza. Dende centro desexámoslles moita sorte! E un anaquiño de lembranzas a través do seguinte vídeo:

 Ata sempre!

Información aos pais

Do día 22 ao 26 de xuño de 2020 recóllense os libros do fondo solidario correspondentes a este curso 2019-2020 de 3º 4º e 5º de E. Primaria en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O xoves e o venres 25 e 26 de xuño de 2020 recóllense os libros de 6º de E. Primaria do curso 2019-2020 e entrégase o certificado de promoción e  o historial académico, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Deberan devolver tamén os libros de préstamo da biblioteca e as mochilas viaxeiras que queden pendentes da súa entrega.

Avaliación final curso 2019-20

Avaliación final curso 2019-20

Dende o día 19 de xuño de 2020 ás 14:00 horas pódense ver as cualificacións  dos vosos fillos a través do ABALAR.

Se alguén aínda non o ten instalado no seu teléfono pode descargar a aplicación ABALAR

A.N.P.A. QUINTÁN INFORMACIÓN IMPORTANTE

Información sobre o paso á Educación Secundaria Obligatoria

Información do IES Isaac Díaz Pardo de Sada onde se recolle cómo teñen que facer a matrícula, información sobre a ESO, normas do centro, etc ( Powerpoint)

Invítase a unha videoconferencia que tendrá lugar o día 11 de xuño de 2020 ás 19:00 horas entre as orientadoras e as familias e alumnado que se queira unir, para ampliar información desta nova etapa e resolver posibles dúbidas.

Para unirse a videoconferencia é preciso ter o número de reunión e o contrasinal, que son os seguintes:

Número de reunión (código de acceso): 121 382 0578

Contraseña de la reunión: vdSJMgpG563

Se copiamos o seguinte enlace lévanos directamente a videoconferencia:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m7b3da981361a396359f49cc5e6949085 

Importante:  para poder acceder a videoconferencia e preciso ter instalado o programa Cisco Webex.

 

 

 

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Dende o CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA lembramos a importancia de concienciar sobre o respecto e coidado do medio ambiente. Este 5 de xuño, celebramos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Na galería de actividades tendes algunha das actividades realizadas polo alumnado de 4º de educación primaria e de 3 anos de infantil para conmemorar dito día.

Resolución solicitudes de admisión

O Consello Escolar aprobou, hoxe día 3 de xuño de 2020, a listaxe de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar:

Todas as solicitudes que se presentaron dentro dos prazos correspondentes están admitidas ao haber menos solicitudes que prazas ofertadas.

Estará exposta a lista no taboleiro de anuncios do centro. 

Tamén poden consultar se fixo a solicitude pola sede electrónica a través do portal de "admisionalumnado".

Mondego, 3 de xuño de 2020

O director

Odilo Airas López

Reanudación do procedemento de admisión

 

No ámbito educativo, acordouse o restablecemento do prazo para a presentación das solicitudes da admisión de alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, así como a adaptación dos prazos do procedemento para facilitarlles aos centros a preparación do vindeiro curso escolar.

Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes de admisión irá do 11 ao 18 de maio, ambos os dous días incluídos. Canto á presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, a data máxima é o 26 de maio. As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído deberán publicarse antes do 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño. O prazo de formalización de matrícula irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

Letras Galegas 2020

Co motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro 17 de maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está organizando diferentes actividades para festexar esta data. Tendes acceso a diferentes xogos e informacións na sección do EDLG.

Este ano, o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición de profesorado e familias diferentes recursos para traballar dende a casa, promovendo o emprego e difusión da lingua galega:

DÍA DO LIBRO

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA DESÉXALLES UN FELIZ DÍA DO LIBRO!

O Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, teñen á vosa disposición unha selección de lecturas para estes días de confinamento.

Avaliación 2º Trimestre

Dende o día 3 de abril de 2020 ás 14:00 horas pódense ver as cualificacións  dos vosos fillos a través do ABALAR.

Se alguén aínda non o ten instalado no seu teléfono pode descargar a aplicación ABALAR

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Tarde mal e arrastro como sempre, sendo as 21:17 horas da noite do domingo 15 de marzo de 2020, dando por feito que o director traballa sábado e domingo chegou ao portal de dirección o seguinte comunicado:

 

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario (15/03/2020) 21:17

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

 

2. Nos centros de educación especial con residencia tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, en réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios.

 

 

NOVAS INSTRUCCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID-19 (13/03/2020)

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

   



Segundo correos electrónicos recibidos a última hora desta tarde,12 de marzo de 2020, a Consellería de Educación publicou na súa páxina web as medidas a adoptar por todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020:

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS (12/03/2020)

 

 

Campionato Provincial de Campo a Través

Este venres 6 de marzo celebrouse o Campionato Provincial de Centros Educativos de Campo a Través, no que o CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA obtivo resultados moi satisfactorios. Parabéns a todos os participantes!

(preme na imaxe para acceder ao contido)

1º de primaria visita o Acuario

O alumnado de 1º de primaria visita o Aquarium Finisterrae.

(preme na imaxe para acceder á galería)

Enterro da Sardiña 2020

Este venres pasado celebramos no centro o "enterro da sardiña", unha tradición do Entroido que seguimos mantendo ao longo dos anos. Consiste na representación dunha procesión de enterro no que se queima unnha sardiña ou "meco", ao que se acompaña con botafumeiros e sátiras.

Na galería de actividades tendes imaxes da xornada. 

Entroido 2020

ENTROIDO 2020

Un Entroido no mar!

(preme na imaxe para acceder á galería)

Xornadas de portas abertas 2020-2021

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2020/2021 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MARTES 18 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00 horas
  • XOVES 20 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00 horas

Visita a un Centro de Día

O alumnado de 4º de educación primaria visitou estes días o Centro de Día de Mondego, onde descubriron as diferentes actividades que realizan os seus usuarios. Esta iniciativa ten como obxectivo concienciar aos rapaces e rapazas da coidado e respecto cara as persoas maiores.

(preme na imaxe para acceder á galería)

Entrega de trofeos "campo a través"

Dani Mallo, concelleiro de Cambre, visitou hoxe o  noso centro para entregar os trofeos de "campo a través".

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE!

(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA)

4º de primaria visita o MUNCYT

O alumnado de 4º de educación primaria visitou hoxe o museo nacional de ciencia e tecnoloxía.

(accede á galería de actividades para ver máis imaxes da xornada)

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Solicitude de Reserva

 Aberto do 1 ao 17 de Febreiro

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán presentar o impreso debidamente cuberto no noso centro. (formulario normalizado (ED550A)).

Tamén se poderá realizar a reserva través da aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 17 de febreiro.

 Normativa de aplicación

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Celebración da PAZ

O noso centro celebra o día escolar da non violencia e da paz.

(preme na imaxe para acceder á galería)

O alumnado de 6º visita Santiago

Na xornada de onte, o alumnado de 6º visitou o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.

Na galería de actividades tendes máis imaxes desta saída.

Visita á Casa das Ciencias

O alumnado de 3º de educación primaria visitou hoxe a Casa das Ciencias.

(preme na imaxe e accede ao contido)

Campo a través Os Menhires 2020

Celebrouse este sábado 18 de xaneiro de 2020, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.

Os resultados foron moi satisfactorios.
Moitos parabéns a todos os participantes nun día pasado por auga no que acabamos mollados  por completo!

(Preme na seguinte imaxe para acceder á galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut