Skip to Content

Axudas libros de texto

Participación no fondo solidario libros de texto - Axudas de libros de texto e material escolar 2023/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (C) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde. O Ceip Pedro Barrié de la Maza está incluido en E- Dixgal en 5º de E. Primaria.

Solicitude sede electrónica

Solicitude en papel

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.  

 

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

 

 



page | by Dr. Radut