Skip to Content

Entradas primeiro día

08/09/2023 17:08
Europe/Madrid

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

01/09/2023 15:16
Europe/Madrid

ESTAS SON AS DATAS E HORAS DE REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

(Tentamos que non coincidan os irmáns pero nalgúns casos é moi difícil)

EDUCACIÓN INFANTIL 

4º Educación Infantil: Mércores 6 ás 17:00 horas. AULA

5º Educación Infantil: Xoves 7 ás 18:00 horas. AULA

6º Educación Infantil: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULA

EDUCACIÓN PRIMARIA 

1º Primaria: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULAS

2º Primaria: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULAS

3º Primaria: Mércores 6 ás 16:00 horas. SALÓN DE ACTOS

4º Primaria: Mércores 6 ás 17:00 horas. SALÓN DE ACTOS

5º Primaria: Xoves 7 ás 16:00 horas. SALÓN DE ACTOS

6º Primaria: Mércores 6 ás 18:00 horas. SALÓN DE ACTOS

 

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

01/09/2023 15:11
Europe/Madrid

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

MARTES, MÉRCORES, XOVES E VENRES

DE 9:00 A 10:00 E DE 12:00 A 14:00

 

 

 

Periodo de adaptación 4º infantil

01/09/2023 10:21
Europe/Madrid

 

Os grupos serán informados pola titora previamente.

EXPOSICIÓN 50 ANIVERSARIO

03/08/2023 13:20
Europe/Madrid

Para todos aqueles que non puideron asistir ao 50 aniversario do cole...

 

 

 

VACACIÓNS

14/07/2023 13:59
Europe/Madrid

VACACIÓNS de Roi Louzan

Seccións bilingües

 

Comezamos en E-DIXGAL

 

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INORPORACIÓN (3 ANOS)

05/07/2023 11:44
Europe/Madrid

School de María Domínguez

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS

28/06/2023 14:44
Europe/Madrid

A publicación das listaxes dos beneficiarios das axudas para libros de texto e material escolar publicaranse do seguinte xeito:

LISTADOS PROVISIONAIS: Mércores 5 de xullo

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Xoves 6 de xullo e venres 7 de xullo (dous días)

LISTAXES DEFINITIVAS: Luns 10 de xullo ao venres 14 de xullo.

FIN DE CURSO

23/06/2023 19:17
Europe/Madrid

Vela Lixeira

O Servizo Provincial de Deporte da Coruña en colaboración co Concello de Sada e o Club Alamar levaron a cabo dentro do programa Xogade a actividade de promoción de Vela Lixeira.
Participaron 25 rapaces e rapazas de 6º de E. Primaria durante 3 días no porto deportivo de Sada.

50 ANIVERSARIO

05/06/2023 16:42
Europe/Madrid

O pasado sábado celebramos no cole o 50 aniversario da súa existencia. Foi un día cheo de emocións e de reencontros no que a comisión de mestres/as do 50 aniversario fixeron un gran traballo para que todos os que tiveran nalgún momento das súas vidas relación co cole de Mondego, poidesen recordar eses momentos. 

Grazas a todos e todas por vir e aos que non poderon asistir... estade atentos as novas da web...

 

 

 

EDIXGAL 23/24

29/05/2023 10:25
Europe/Madrid

Estimadas familias:

O pasado xoves 25 de maio saíu publicado no DOG a resolución mediante a cal o noso centro se incorpora ao programa E-dixgal de cara ao curso 23/24. O vindeiro curso comezará a educación dixital no curso de 5º de Pirmaria para todos aqueles alumnos/as que promocionen este ano dende 4º de Primaria. 

Unha vez que teñamos conformados os cursos, faranse diversas reunións para dar a coñecer o proxecto e a organización en 5º de Primaria no curso 23/24. 

Saúdos. A Dirección do centro.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-120523-0001_gl.pdf

XORNADA PRIMEIROS AUXILIOS

29/05/2023 08:52
Europe/Madrid

O pasado xoves o noso alumnado participou nunha xornada sobre Primeiros Auxilios organizada por mestres do centro en colaboración coa Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias (ASGATE). Deixámosvos o video da xornada.

 

Axudas libros de texto

Participación no fondo solidario libros de texto - Axudas de libros de texto e material escolar 2023/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (C) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde. O Ceip Pedro Barrié de la Maza está incluido en E- Dixgal en 5º de E. Primaria.

Solicitude sede electrónica

Solicitude en papel

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.  

 

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

 

 

Educación Dixital (E-Dixgal)

Segundo o establecido nos apartado décimo punto 4 da Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros que participan no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24, valoradas as solicitudes presentadas, analizadas e resoltas as reclamacións ou renuncias presentadas o Ceip Pedro Barrié de la Maza na resolución definitiva foi seleccionado para incorporarse en 5º E. Primaria E-Dixgal  curso 23/24.

CELEBRACIÓN 50 ANIVERSARIO

 

Con motivo da celebración do 50 aniversario do centro, creouse unha comisión encargada dos actos de celebración. Esta comisión ten programadas unha serie de actividades para conmemorar este día. Deixámosvos toda a información.

Fixádevos que para acudir é necesario facelo a través da inscripción do código QR que está no cartel.

Admisión de alumnos

Curso 2023 - 2024

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión:

Poden consultarse:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.

Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación. 

2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Contra a presente Resolución poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro.

 O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

   Lexislación e información:

BECAS NEAE

Estimadas familias.

Dende o Departamento de Orientación queremos informarlles que o prazo para a solicitude de AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO está aberto dende 8 maio ata o 20 DE SETEMBRO DE 2024 (publicado no BOE o 26/04/2023).

Poderán atopar información sobre as condicións para poder acceder a estas axudas, as datas, os destinatarios e o formulario a cumplimentar para a súa solicitude, a través da sede electrónica do Ministerio de educación e Formación Profesional ou nas seguintes direccións:

-         

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html (Becas y ayudas. AYUDAS. Curso 2023/2024 “ayudas de apoyo educativo”)

-         

https://www.educacionyfp.gob.es (servicio al ciudadano--- trámites y servicios--- para estudiantes---Becas y ayudas--- para estudiar--- infantil/primaria y secundaria)

                                                                                                                                                      Un saúdo.

A xefa do Departamento de Orientación.    

FEIRA MATEMÁTICA

20/04/2023 13:52
Europe/Madrid

Deixámosvos o video da Feira Matemática 2023

 

 

Badminton 2023

Este venres 14 de abril de 2023 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva  XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.

Dende as cinco da tarde e ata as nove da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado  estivo disfrutando do bádminton  con outros participantes do Obradoiro, Badminton Club Coruña e do propio Clube do Mar. Conseguindo unha medalla na categoría masculina. 

COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE SADA SOBRE A SAÍDA DO COMEDOR:

 COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE SADA SOBRE A SAÍDA DO COMEDOR:

 “Á atención das familias dos nenas do CEIP Pedro Barrié de la Maza:

Dende a Concellería de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento, ás familias de tódolos nenas usuarios do CEIP,

COMUNÍCASE

Que, en atención as suxestións recibidas polos país e nais do Centro, e unha vez analizada as posibilidades organizativas do mesmo, o Concello en acordo coa Dirección do Centro, decidiu reorganizar o procedemento de recollida dos nenas usuarios do comedor escolar, da seguinte maneira:

 

  • A recollida efectuarase nas horas igualmente previstas, de 15:30 a 16:00.
  • O acceso único ao centro por parte dos país e nais farase pola entrada indicada no mapa adxunto (mesma entrada xeral ao Centro), deixando de utilizarse a entrada actual dende a AC-183.
  • A recollida en man dos nenas por parte dos monitores do comedor, farase na mesma saída do patio cuberto, como se indica no mapa adxunto.
  •  A saída do Centro farase igualmente pola porta de acceso.

 

Dita modificación lévase a cabo en orde a atender as demandas dos usuarios do Centro, e para unha recollida máis segura e ordenada.

Prégase a colaboración dos pais e nais no cumprimento das indicacións recollidas neste escrito, solicitando unha recollida e posterior saída áxil e ordenada dentro do horario habilitado ao efecto.

Así mesmo, recórdanse tamén os lugares posibilitados para aparcadoiro, non so á hora da saída do comedor, se non tamén a entrada e saída tanto das horas escolares como de actividades extraescolares, asegurando entre todos un mellar acceso e máis seguro (indicados no mapa adxunto).

Recordar tamén, a indicación de tráfico de dirección única da vía Quintán nos horarios de 08:30 a 09:30, e de 13:30 a 14:15.

O cambio de acceso levarase a cabo a partir do vindeiro día luns 27 de marzo.

Para calquera cuestión ou dúbida, poden dirixirse ao Concello ou a Dirección do Centro.”

 

Campionato provincial campo a través

O venres 17 de marzo de 2023 celebrouse o campionato provincial de centros educativos de campo a través que se levou a cabo nas instalacions do Club de Campo de Ferrol.

As probas se desenvolveron ao amparo do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Edade Escolar) que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou cos equipos de bexamin masculino, benxamín femenino e  2 alumnos da categoría infantil.

Moitos parabéns aos participantes.

DÍA NON LECTIVO

17/03/2023 10:53
Europe/Madrid

Recordamos que o vindeiro luns 20 de marzo é un dos dous días non lectivos que escolleu o cole seguindo a Orde de calendario escolar.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-271222-0003_gl.pdf

 

via Gfycat

Lidia Cao

Fai un ano Lidia Cao realizou un mural no Ceip Pedro Barrié de la Maza, grazas ao Premio Concepción Arenal co proxecto educativo pola igualdade de xénero “Buganvílea”.

Entroido 23

22/02/2023 20:54
Europe/Madrid

Entroido 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut