Skip to Content

Contratos Programa - Refórzate

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participa este curso 19-20 en Iniciativa CONTRATOS PROGRAMA  dentro do programa para o reforzo para o avance e apoio na educación, que vai ser confinanaciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

Campo a través

O ALUMNADO DO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA PARTICIPA NUNHA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.

Este venres 10 de xaneiro, tivo lugar o campionato de campo a través en Acea de Ma coa participación de diferentes centros escolares.

Cada equipo estivo formado por seis corredores, dos que puntúan os catro mellores clasificados. As clasificacións son de xeito individual e por equipos. Na galería de actividades tendes imaxes desta xornada deportiva.

Está previsto que a fase intercomarcal sexa o vindeiro sábado 18 de xaneiro, no parque "Os Menhires" (A Coruña). Informaremos ás familias e ao alumnado desta convocatoria.

Moitos parabéns a todos os participantes!

Bo Nadal!

A comunidade educativa do CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA deséxavos unhas FELICES FESTAS!

Visita dos Reis Magos

OS REIS MAGOS VISITAN MONDEGO! 

(preme na imaxe para acceder á galería)

Paradas afectadas pola borrasca Elsa

Infórmase que as paradas que poden estar afectadas para o transporte escolar durante o día de hoxe debido á borrasca Elsa son as seguintes:

Riobao

Veloi

Souto

Traballando sobre a biodiversidade

O alumnado de 6º de educación primaria está estes días realizando un taller sobre o coidado e protección da fauna autóctona, a través da Reserva da Biosfera.

Mediante estes cursos preténdese concienciar aos nenos e nenas da importancia da biodiversidade e respecto cara o medio ambiente.

Tarxetas do Nadal 2019

Aquí tendes as tarxetas premiadas neste Nadal 2019.

(Preme na imaxe para acceder ao contido)

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POLO TRABALLO REALIZADO.

Actividades sobre Medio Ambiente

O equipo da Reserva da Biosfera visita estes días o centro para traballar co alumnado de terceiro ciclo o coidado do medio natural e o fomento da biodiversidade.

Visita ao Concello de Sada

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou hoxe o Concello, converténdose en concelleiros e concelleiras por un día. Realizaron un pleno no que trataron medidas en torno ao cambio climático, o coidado do medio ambiente, a violencia de xénero e a inclusión.

25 de novembro

 

O noso centro contra a eliminación da violencia de xénero! Alumnado, profesorado e personal non docente maniféstanse, nun acto simbólico, en contra do maltrato.

(Máis imaxes na galería de actividades). 

Visita ao Museo de Belas Artes

O alumnado de educación infantil visitou o pasado mércores unha exposición sobre o mar no Museo de Belas Artes da Coruña. Na galería de actividades tendes máis imaxes da xornada.

Visita ao Museo de Belas Artes

MeteoEscolas

O noso centro, participa este ano nun proxecto sobre climatoloxía a través de MeteoEscolas. É un proxecto globalizado no que se traballarán diferentes contidos en coordinación coa biblioteca escolar.

Tendes o enlace ao blog Aclimátate nesta mesma páxina.

MAGOSTO 2019

CELEBRANDO O MAGOTO UN ANO MÁIS!

Coma todos os anos, o centro celebra a festividade do magosto.

Na galería de actividades tendes imaxes da xornada.

Visita ao Aquarium Finisterrae

O alumnado de 5º de primaria visita o Aquarium Finisterrae. Na galería de actividades tendes imaxes dos diferentes animais que descubriron! Entre eles, o inconfundible Gastón.

Visita ao CEIDA

O alumnado do Ceip Pedro Barrié de la Maza visitou a semana pasada unha exposición no CEIDA. Reflexionaron sobre as obras representadas baixo o título de "Mare Plasticum", que versa sobre a contaminación do mar, as consecuencias ambientais e os problemas derivados da sobrepesca e explotación dos océanos.

Dende o centro animámosvos a que recicledes e reflexionedes sobre o coidado do medio ambiente.

 

Na galería de actividades tendes fotografías do alumnado de primeiro de primaria, destas xornadas sobre medio ambiente.

Celebrando o Samaín

O noso centro está cheo de cabazas, arañas, candeas e seres defuntos.

A celebración do Samaín ten orixe nunha festividade celta, que marcaba o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno. Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, foméntase a lembranza desta tradición mediante a exposición de cabazas no corredor da entrada e o desenvolvemento de diversas actividades na aula. Lembrade que a Biblioteca do centro ten unha selección de libros sobre esta temática.

Recoñecedes estes personaxes?

Na galería de actividades tendes máis fotos deste mércores tan terrorífico!

Festexando HALLOWEEN!

As mestras de inglés están celebrando estes días HALLOWEEN!

Na galería de actividades tendes diferentes fotografías da xornada. 

 

TEI 2019-2020

O día 21 de outubro de 2019 celebramos no salón de actos a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria para a implementación do “Programa TEI”, prevención da violencia e acoso escolar, asistindo o alcalde e a concelleira de Cultura de Sada, xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto.

Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar. 

Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación e continuidade no programa.

Na galería de actividades tendes máis imaxes e vídeos da xornada.

Carmen Pomar visita o noso centro educativo

A conselleira de educación, Carmen Pomar, visitou na xornada de hoxe o noso centro educativo para coñecer as súas instalacións e a realidade das nosas aulas.

O CEIP Pedro Barrié de la Maza está desenvolvendo nos últimos anos diferentes proxectos encamiñados ao fomento das competencias clave e á formación do profesorado. Participa en contratos programa, actividades intercentros, afianzamento da titoría entre iguais e a promoción dun hábito lector.

Octopusgarden

Octopus’s Garden

Este blog pretende ser un caderno de bitácora e un banco de recursos para  as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP Pedro Barrié de la Maza e de Educación Infantil e de Educación Primaria do CEIP de Ombre. Así como da EEI de Coirós de Arriba e da EEI de Fontelo por compartir  mestra de Inglés.

OCTOPUS CIRCULAR

Reunións E. Infantil e E. Primaria 2019/20

REUNIÓN INICIO DE CURSO PARA OS PÀIS/NAIS DO ALUMNADO DE E. INFANTIL (Acudirase á reunión sen os nenos)

 MARTES 10 DE SETEMBRO DE 2019

5 anos 6º E. Infantil ás 10:00 horas

4 anos 5º E. Infantil ás 11:00 horas

3 anos 4º E. Infantil ás 12:00 horas

 

REUNIÓN INICIO DE CURSO PARA PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE E. PRIMARIA

1º NIVEL 16 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

2º NIVEL 23 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

3º NIVEL 16 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

4º NIVEL 23 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

5º NIVEL 30 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

6º NIVEL 30 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

Revista NOVAS DE MONDEGO!!

Un ano máis aquí temos a revista escolar NOVAS DE MONDEGO!! Un resumo do que aconteceu neste curso escolar 2018/2019

Excursión alumnado de 5º de E. Primaria a Lugo

O día 19 de xuño o alumnado de 5º curso de E. Primaria foi de excusión todo o día, visitando o mosteiro de Sobrado dos Monxes, Lugo e a súa muralla romana, o Castro de Viladonga, rematando coa visita a Fonmiñá onde “nace” o rio Miño.

 

Premio ao mellor xornalista infantil. Prensa escuela.

Leo Ferro Díaz, alumno de 1ºA de educación primaria, acadou o primeiro premio ao mellor xornalista infantil organizado polo programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia.

 

O alumnado de sexto participa na exposición da Reserva da Biosfera

O alumnado de sexto de educación primaria participou este venres na exposición sobre a Reserva da Biosfera, acto organizado polas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A exposición tivo lugar na Casa da Cultura de Sada e versou sobre "A viaxe do Beagle". Proxecto globalizado que abrangue diferentes contidos medioambientais a través da figura de Charles Darwin.

 

DÍA DO DEPORTE e Programa TEI

Xoves día 30 de maio, celebramos o DÍA do DEPORTE no noso colexio participando todas e todos, desde os máis pequeniños ata os maiores.

Tamén, titores e titorizados do programa TEI ( alumnado de 3º e 5º de Primaria) colaboraron de xeito conxunto na celebración do día do  DEPORTE ESCOLAR  no noso centro.

(preme na foto para ver máis)

 

 

Visita do alumnado de 6º E. Primaria ao estadio de Riazor

O alumnado de 6º de E. Primaria visitou o estadio de Riazor a través do programa “'Os Nosos Valores-Escolas 110% Branquiazuis', proyecto de LA OPINIÓN y la Fundación RC Deportivo.

Coñeceron o vestiario, o palco, a bancada, a zona mixta, o túnel que da acceso ao terreno de xogo..., unha charla da historia do Dépor e dos valores do mundo do deporte e unha firma de autógrafos e unha conversación informal con Patri López, Tere Abelleira e Joni Montiel.

Ao final repartiron unha entrada para vivir en directo o seguinte partido  de 2ª división: Deportivo – Mallorca.

Certame Letras Galegas 2019

Certame LETRAS GALEGAS  2019

Rifas anuladas

Relación de rifas anuladas do sorteo Pro Excursión fin de curso de 6º de E. Primaria que se celebrará o día 25 de maio de 2019:
Rifas comprendidas entre os números 0051 a 0100, 1701 a 1750 e 6651 a 6700.

Distribuir contido


by Dr. Radut