Skip to Content

ENTRADAS DO PRIMEIRO DÍA

09/09/2024 21:06
Europe/Madrid

Colgamos a presentación onde podedes ver a organización do primeiro día coas enradas e as horas de cada curso.

 

Como novidade, o equipo de TICs elaborou videos dos itinerarios de cada clase. Para que os rapaces e rapazas o teñan un inicio máis doado. 

 
INFANTIL 4A
 
INFANTIL 4B
 
1A PRIMARIA
 
1B PRIMARIA
 
2A PRIMARIA
 
3A PRIMARIA
 
3B PRIMARIA
 
5A PRIMARIA
 
5B PRIMARIA
 
5C PRIMARIA

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

01/09/2023
Europe/Madrid

ESTAS SON AS DATAS E HORAS DE REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

(Tentamos que non coincidan os irmáns pero nalgúns casos é moi difícil)

EDUCACIÓN INFANTIL 

4º Educación Infantil: Xoves 5 ás 17:30 horas. AULAS

5º Educación Infantil: Luns 9 ás 18:00 horas. AULA 5ºA

6º Educación Infantil: Luns 9 ás 18:00 horas. AULAS

EDUCACIÓN PRIMARIA 

1º Primaria: Luns 9 ás 17:00 horas. AULAS 1ºA

2º Primaria: Luns 9 ás 17:00 horas. AULAS 2ºB

3º Primaria: Martes 10 ás 17:00 horas. AULAS

4º Primaria: Luns 16 ás 17:00 horas. SALÓN DE ACTOS

5º Primaria: Xoves 5 ás 16:30 horas. SALÓN DE ACTOS

6º Primaria: Venres 6 ás 16:30 horas. SALÓN DE ACTOS

 

AS REUNIÓNS SON SEN NENOS

 

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

01/09/2023 15:11
Europe/Madrid

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

MÉRCORES 4, XOVES 5 , VENRES 6, LUNS 9 E MARTES 10

DE 9:00 A 10:00 E DE 12:00 A 14:00

1º CICLO: A entrega farase preferentemente o día da reunión.

 

 

 

Periodo de adaptación 4º infantil

01/09/2023
Europe/Madrid

 

Os grupos serán recordados polas titoras na reunión.

INFORMACIÓN LIBROS E MATERIAL

Calendario fondo de Patricia

Novas de Mondego 3ª Edición

20/06/2024 10:47
Europe/Madrid

https://online.fliphtml5.com/xhwkt/zgnl/

 
 

Formalización matrícula

Formalización da matrícula

 

Do 20 ao 30 de xuño Formalización da matrícula dos alumnos admitidos.

Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

 
 
Impreso formalización matrícula

Libros de texto

LIBROS Y MATERIAL de Roi Louzan

Información importante familias

06/06/2024 11:24
Europe/Madrid

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS QUE ENTRAN NOVAS NO COLEXIO, AS QUE PASAN A PRIMARIA E AS QUE SE MARCHAN DE SEXTO

 

REUNIÓNS E RECOLLIDAS DE HISTORIAIS de Roi Louzan

INSTRUCCIONES FONDO LIBROS

30/05/2024 13:17
Europe/Madrid

INSTRUCCIONES

 
 
 
 

REFORMA INTEGRAL DO CENTRO

03/05/2024 09:41
Europe/Madrid

No pasado consello escolar, informouse dende a dirección das actuacións que vai a acometer a Consellería de Educación.

Como saberedes, o noso centro ten máis de 50 anos e o tempo estase a notar nas nosas instalacións. As necesidades do centro foron levadas á Xefatura Territorial en máis dunha ocasións, tanto polos equipos directivos pasados como polo actual.

Na pasada semana santa, rematou o proxecto encargado pola unidade técnica da consellería de reforma do sistema eléctrico do colexio, que estaba sen abordar dende os anos 70. 

Por outra banda, nas mesmas datas, encargpouse por parte desta unidade técnica, o proxecto de reforma da cuberta do centro, fachada, carpintería interior e outras reformas no pavillón do centro. 

Espérannos anos de convivir cunhas obras que son moi necesarias e mellorarán moito a situación do centro. Aquí vai unha mostra da situación actual do noso cole.


Plan Director para o acondicionamento dos espacios exteriores do centro

02/05/2024 14:42
Europe/Madrid

O pasado luns 29 de abril, o arquitecto Fermín Blanco, de proxecto Lupo, explicou a profesores, representantes de pais/nais, Anpa e representantes do concello, en que consistirá un proxecto que pretende acondicionar os espacios ao aire libre cos que conta o centro e transformalos en espacios funcionais onde se implementen pedagoxías de todo tipo. 

Aprobado no consello escolar do día 15 de abril, o centro métese no programa "mestra de obra" no que nos seguintes catro anos poranse en marcha diversas actuacións para mellorar o noso centro e convertilo en referencia no uso de espacios ao aire libre. 

Para ilo, necesitaremos a aportación de todos os que forman parte da comunidade educativa; profesores, pais e nais, persoal do centro, concello, outros organismos... Necesitaremos aportacións humáns, materiais, económicas. Agardamos que exista moita colaboración a este nivel e poidamos facer un colexio mellor.

Agardamos polo compromiso do concello para realizar unha microintervención na nosa "charca", unha aula da natureza que leva varios anos de traballo por parte de mestras do centro que impulsan a educación no medio natural como primeira toma de contacto coa educación no centro. Isto será unha das señas de identidade do noso "cole".

PREMIO REDACCIÓN

26/04/2024 11:57
Europe/Madrid

Hoxe temos que felicitar á nosa alumna Carla López Souto por gañar a XXIV edición dos Premios Muralla de Lugo na categoría de redacción.

Deixamos a magnífica redaccción que fixo Carla cun tema nada fácil.

Noraboa Carla  !!

 

O LEGADO DA AVOA

LISTAXES ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 24/25

25/04/2024 14:38
Europe/Madrid

Están dispoñibles no taboleiro do centro as listaxes de alumnos/as admitidos para o curso 24/25. 

Poderán consultarse presencialmente en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e os luns de 16:00 a 19:00 horas.

A dirección do centro.

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

22/04/2024 13:44
Europe/Madrid

 O día 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no Paseo Marítimo de Sada. Na xornada participou alumnado de todos os centros educativos da nosa localidade:  CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, I.E.S Isaac Díaz Pardo, I.E.S O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. 

A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada,  Sadanza e Karts Manolo. Grazas a todos eles.

Fotos da actividade

Clica na imaxe para ver o vídeo da xornada 

 
 

PROGRAMA ATLANTICS

15/04/2024 11:07
Europe/Madrid

Deixamos o programa ATLANTICS que se grabou na FEira Matemática.

 

FEIRA MATEMÁTICA

09/04/2024 14:54
Europe/Madrid

O pasado sábado o cole de Mondego "petouno" na Feira Matemática. Récord de participación do cole. Agradecer aos mestres e mestras, aos alumnos e alumnas e aos pais e nais pola colaboración. Mención especial a Alicia a nosa ex-compañeira que sempre está destrás desta organización. 

SOLICITUDE DE PRAZA

21/03/2024 15:41
Europe/Madrid

Rematado o prazo de solicitude de praza para os alumnos/as de nova incorporación, po centro comunica que non hai necesidade de baremar xa que as solicitudes non superaron o número de prazas dispoñibles. 

A dirección do centro.

NOVAS DE MONDEGO 2ªEDICIÓN

IGUÁLA-T

05/03/2024 14:09
Europe/Madrid

O pasado venres rematamos o ciclo adicado a Educación Sexual. Conclúen os talleres que se impartiron dende 1º a 6º curso de primaria e tamén aos pais/nais e profes do cole. 

Podemos dicir que foi un éxito e que con esta actividade o alumnado de Mondego completa a súa formación curricular e inicia un proxecto que será o primeiro paso dunha educación da sexualidade e da igualdade.

Agradecer a Carol Strate, xinecóloga e sexóloga,  profesional encargada de poñer en acción estes obradoiros que sen dúbida repetiremos. 

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

Presentación solicitude de admisión: 1 - 20 de marzo telemáticamente.

A solicitude será única e poderase presentar:

Preferentemente de forma electrónica: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

           Información e calendario admisión curso 2024/25

Ou de forma presencial no centro educativo:   

Modelo solicitude admisión (ED550B)

Galego

Castelán

 Lexislación e información:

ENTROIDO

02/02/2024 14:46
Europe/Madrid

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

23/01/2024 15:25
Europe/Madrid

XORNADA DE PORTAS ABERTAS de Roi Louzan

TALLER DE SEXUALIDADE

19/01/2024 14:16
Europe/Madrid

Dentro dos plans de mellora de éxito educativo CP INCLÚE da consellería de educación; o noso centro, propuxo neste curso tratar o tema da educación sexual en Educación Primaria. Esta iniciativa, comeza por presentar a educación sexual a familias e profesorado e posteriormente tratalo nas clases. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade na PXA polo claustro e consello escolar. 

A iniciativa será impartida por unha profesional do tema como é Carol Strate, xinecóloga e sexóloga. O centro anima a todas as familias a participar e coñecer como imos abordar un tema tan importante dende a escola.

INSCRICIÓN

 

 

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ISAAC DÍAZ PARDO

15/01/2024 15:17
Europe/Madrid

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e

asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude),

imprimilo e presentalo no centro educativo.

ROUPA ESQUECIDA

09/01/2024 15:47
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Coma en anos anteriores, no pavillón do centro acumúlanse prendas que os rapaces/as deixan esquecidas. Ao finalizar cada trimestre, poñemos o prazo dunha semana para ver se se recollen as últimas prendas. O venres 19 as prendas serán doadas a unha ONG. 

Gracias pola vosa aportación. Aquí deixamos imaxes dos percheiros por se recoñecedes algo.

NADAL 2023

26/12/2023 11:57
Europe/Madrid

XORNAL ESCOLAR NOVAS DE MONDEGO

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

11/12/2023 20:29
Europe/Madrid

Durante a próxima semana estarase realizando no colexio a habitual campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de primeira necesidade en colaboración con Cáritas. O plazo para traelos será ata o mércores 19 de decembro. Deberán colocalos nas mesas dispostas no corredor do centro. 
Agradecemos a vósa colaboración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut