Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión:
Poden consultarse:
1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.
Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación.
2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.
Contra a presente Resolución poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro.
O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
Lexislación e información:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Información e calendario admisión curso 2023/24.
- Áreas de influencia
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-2024
- Anuncio sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/24
- Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023/24
- As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.