Skip to Content

Reanudación do procedemento de admisión

 

No ámbito educativo, acordouse o restablecemento do prazo para a presentación das solicitudes da admisión de alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, así como a adaptación dos prazos do procedemento para facilitarlles aos centros a preparación do vindeiro curso escolar.

Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes de admisión irá do 11 ao 18 de maio, ambos os dous días incluídos. Canto á presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, a data máxima é o 26 de maio. As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído deberán publicarse antes do 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño. O prazo de formalización de matrícula irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.



page | by Dr. Radut