Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

 

Bádminton Curso 19-20

O vindeiro martes 21 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

O vindeiro mércores 19 de febreiro terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asisten o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:00h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

Elena queda na casa, practicando actividade física .

Elena queda na casa,

practicando actividade física .

Elena de 3ºA, práctica cada día actividade física, na súa casa co seu irmá, para seguir sendo fantásticos  deportistas.

Aquí vos deixamos un par de vídeos coa súa actividade física creativa, coa que se divirten e pásano ben durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Elena e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

Angel queda na casa, practicando actividade física.

Angel queda na casa,

practicando actividade física.

Onte día 21 de abril, Angel de 5ºB, enviounos un montaxe de fotos da actividade física que práctica cada día na súa casa. O certo é que Angel  ten a sorte de contar cun xardín estupendo, que lle permite facer adestramentos de baloncesto, tenis de mesa e  incluso pode montar en bicicleta. Todos estes bos momentos compárteos coa súa familia e coa súa irmá Lucía. Tamén nos contaba que todo isto o práctica os días que fai bo tempo.

Aquí vos deixamos as súas fotos coa súa actividade física creativa,  coa que se divirte e pásao ben, durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Angel e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

XESTIÓN DAS EMOCIÓNS

Claves para a xestión das emocións

Lucía queda na casa, practicando actividade física.

Lucía queda na casa,

practicando actividade física.

Lucía de 4ºB, achéganos algunhas fotos  fantásticas, facendo actividade física, saltando na cama elástica e montando a cabalo. Moitas, moitas grazas a Lucía e a súa familia. 


O teu navegador non soporta este vídeo.  

Biblio Dous. Boletín fin de curso

Neste fin de curso tan atípico Lúa despídese de todos vós cunha carta na que fala do desexado reencontro en setembro e cun vídeo recomendándovos lecturas para todos e todas durante as vacacións. E o noso Departamento de Orientación recórdanos o importante que é potenciar nos nenos e nenas o interese por aprender, tamén durante o verán.
 


(Preme nas imaxes para acceder ao Blog da Biblioteca e poder lelas)
 
 

A IMPORTANCIA DA COMPOSTAXE

Estes días que andamos a quitar o composteiro vello para poñer o novo nun lugar más axeitado da horta....démonos conta de que non se estaba a facer todo o ben que se debe......

Para recordar os restos que se poden botar ou non no composteiro, deixamos aquí unha imaxe de Revitaliza....

E ademáis aproveitamos para poñer aquí un vídeo sobre o tema feito por Sogama. Preme no ficheiro adxunto para poder velo.

  Compost is important for our planet

This week we bought a new compost bin for our garden. But when we took the old one we saw that we are not doing it as good as we can, so we decided to remind the things that we can put in the bin and the ones that we cannot.

Admisión alumnado para o curso 2020/21

 

 

Para máis información ver na parte lateral esquerda desta páxina o bloque

SECRETARÍA: ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21. 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

O pasado mércores 19 de febreiro tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. 

Todo@s xogamos, disfrutamos e gañamos unha medalla, que fixo que a nosa cara reflexase a mellor das satisfaccións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

 

 

 Badminton 19-20

On Wendsday 19th it was the final of Badminton school championship. Students from 3rd, 4th, 5th and 6th grade played in Tomiño’s municipal pavillion.

We all played, had a great time and wo a medal, you can see our happiness in the pictures.



by Dr. Radut