Skip to Content

Monthly archive

Aprender desde a casa xogando

Desde o Departamento de Orientación queremos sumarnos ao labor que o profesorado do centro está realizando á hora de proporcionar ás súas respectivas titorías todos aqueles recursos educativos que están ao seu alcance para reforzar, afianzar e/ou avanzar cos contidos propios da súa propia práctica docente.

Os materiais que aquí vos imos ir presentando son recursos aplicables a todo o alumnado, recursos moi visuais e interactivos cos que non só aprenderemos, senón que o faremos do mellor xeito posible, xogando e disfrutando.

 

Árbol ABC. Trátase dunha plataforma pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nen@s desde 3 a 10 anos e inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.

 

 

 

 

GUÍA DE RECURSOS #yomequedoencasa  

A Fundación Mª Jose Jove en colaboración coa Asociación Participa, veñen de elaborar esta guía con recomendacións, recursos audiovisuais, visitas virtuais, lecturas...para nen@s e adultos.

   

 

 

AULAS GALEGAS.  Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de docentes sen ánimo de lucro, con recursos variados para utilizar tanto o profesorado como as familias.

https://aulasgalegas.org/

 

 

Recursos en liña

A Biblioteca Municipal de Tui ofrécenos unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura, para estes tempos de confinamento. Premede sobre a imaxe.
 
 
Publicado por Biblioteca Nº2

Reto de Educación Física. Eres acróbata?

Reto de Educación Física. Eres acróbata?

A proposta 2 do reto de esta semana é de Dani Castro, como podedes ver  no seguinte vídeo que él realiza. Tedes que intentar facer dende o chan os movementos tal como fai él e a súa nai. Animádevos a facelo e a enviar os vosos vídeos.

Andrea de 5ºA co seu irmá Mauro de 2ºB apuntáronse ao reto de eres acróbata e fixérono moi ben.Felicitacións.
Daniel Docampo de 5ºB e a súa nai apuntáronse ao reto de eres acróbata e fixérono perfecto.Gran traballo equipo.
 
Aarón de 6ºC e seu pai apuntáronse ao reto de eres acróbata e fixérono fantástico.Gran traballo equipo.
Manuel de 6ºC  e a súa irmá Elena apuntáronse ao reto de eres acróbata e fixérono perfecto.Gran traballo equipo.

Diego queda na casa, practicando actividade deportiva.

Diego queda na casa,

practicando actividade deportiva.

O pasado luns día 18 de marzo, recibimos noticias deportivas de Diego de 6ºC, que cada día practica actividade física . Como estes días na fase 1 de illamento por Covid-19, xa se pode saír a rúa. El aproveitan para ir en bici polos arredores da súa casa, un lugar fantástico para facer actividade física en un entorno natural estupendo.

Aquí vos deixamos as súas fotos para que  vexades o ven que o pasa.

Angel José fai actividade no medio Natural.

Angel José fai actividade no medio Natural.

Angel José de 5ºB, fai moita actividade ao lado da súa casa. O certo é que vive nun entorno estupendo, para facer moitas rutas andando ou en bicicleta, polas sendas que ten. Alí podes camiñar entre plantacións de kiwis, viñedos, ver moitos animais e pasalo xenial. Aquí vos deixamos os seus vídeos eun saúdo moi especial e agarimoso para todos os alumnos do colexio, especialmente para os seus compañeiros de 5ºB. Moitas grazas Angel.

   
 
 
 

 

 
 
 

25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Desde o Departamento de Orientación e, con gallo da conmemoración desta

sinalada data, presentamos ás distintas titorías a seguinte  proposta de

actividade para traballar desde as aulas.

 

        

 PDF descargable:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/system/files/Futuros%20d...

Campo a Través Provincial 19-20. Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Campo a Través Provincial 19-20.

Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Sábado 1 de febreiro 2020

            O vindeiro sábado 1 de febreiro, vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Tomiño. A saída será ás 9:00h do Ceip Nº2 de Tui e o regreso ás 14:00h. Todos os participantes asistirán á proba, en bus con profesorado do centro ou coas súas familias ( Sería conveniente     que os participantes estean 15 min antes da súa proba para recoller o dorsal que o terán as profes).

O horario das probas será o seguintes:

11:10 Infantil Fem ( alumnas de 6º).

11:25 Infantil Mas ( alumnos de 6º).

11:40 Alevín Fem ( alumnas de 4º e 5º).

11:55 Alevín Mas ( alumnos de 4º e 5º).

12:10 Benxamín Fem ( alumnas de 2º e 3º).

12:25 Benxamín Mas ( alumnas de 2º e 3º).

Todos os participantes deberán traer equipación do cole, chándal do mesmo se tiveran e roupa de cambio se chovera. Atoparán máis información en Deporte no 2 e para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161

UN SAMAÍN DE MEDO 2019

Como todos os anos, no mes de outubro celebramos no cole o Samaín. Cada ano o equipo de Normalización propón diferentes actividades relacionadas co uso da lingua galega e as tradicións da nosa terra. 

Este ano traballamos as diferentes lendas que forman parte da nosa cultura popular. Cada aula traballou lendas de mar, de bosque, .....e realizou un cartel sobre a lenda que lletocou. Asimesmo, os nenos e nenas tiñan que facer un cómic de medo. Os marabillosos resultados estiveron expostos nos corredores do cole durante un tempo.

 

Asi mesmo, os diferentes corredores do cole foron ambientados según as lendas traballadas no día propio do Samaín. Ese día de festa os nenos visitaron eses rincóns de medo, disfrazáronse e maquiiláronse e degustaron unha merenda terrorífica que as familias (como sempre moi colaboradoras) trouxeron.

Mikel de 3ºB queda na casa, practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3ºB queda na casa,

practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3º B  e o seu irmá Gorka da clase de 6º de Ed. Infantil practican cada día actividade física, na súa casa, para seguir sendo fantásticos  deportistas. Viven nun piso, polo que todo parece complicado. Pois estes dous grandes deportistas ademais tamén son moi creativos e con moita imaxinación.

Aquí vos deixamos as súas fotos practicando Bádminton , Balón volea  e incluso Fútbol cun balón de espuma, iso si, con tódalas medidas de precaución e prudencia de  non romper nada. Con toda esta actividade son quen de divertirse  e pasalo ben durante estes días que é tan importante quedar na casa.

Moitas grazas a Mikel a Gorka e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Paula e Jaime quedan na casa, practicando actividade física.

Paula e Jaime quedan na casa,

practicando actividade física.

Onte día 23 de abril, Paula de 6ºA e Jaime de 3ºA, enviáronnos un par de  vídeos e algunhas fotos  fantásticas, con eles queren animarnos, polo que nos dedican unha canción. Gran interpretación.

Eles tamén fan actividade deportiva a diario coa súa familia: Cinta, ximnasia pola tele, piscina, xogan ao tenis e incluso fan Kung Fu.

Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario e que o pasedes ben. Moitas, moitas grazas a Paula, a Jaime e a súa familia.

 



by Dr. Radut