Skip to Content

Monthly archive

Senda da Pedra Santa. Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda da Pedra Santa.

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda da Pedra Santa é unha ruta circular de 9km aproximadamente. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Vai dende a Ponte Romana en  Guillarei, seguindo o Camiño de Santiago ata a Ponte das Febres e volve pola Senda do Río Lagartón ata o punto de saída, pasando por moitas zonas de cultivos fascinantes. Ten moitos recunchos con encanto, con unha reserva importante de fauna e flora, ímosvolos ensinar:

Daniel e Javier Docampo coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da Ponte Romana e que fixeron a pé.

 

Daniela, Hugo e Brais coa súa familia ensínannos a Senda da Pedra Santa en bicicleta, unha ruta que lles encanta.

 

 

 

 

Benvida ao curso 20-21

Dende o centro damos a benvida ás familias para este novo curso escolar, sen dúbida diferente.

 

Neste documento facilitamos información para o inicio de curso que cremos que resultará de utilidade.

 

Preme na imaxe para visualizalo.

 

Grazas pola vosa colaboración

A Dirección

 

 

Aviso:  No Blog do Departamento de Orientación podedes acceder á información sobre a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

A volta ao Mundo de Lúa

A volta ao Mundo de Lúa 

No mes de Novembro retomamos a “Volta ao Mundo de Lúa” que comezamos o curso pasado. O confinamento non permitiu rematar a volta completa, así que este ano imos tentar entre todos rematala. Todos os días o alumnado do colexio percorreremos millas cada recreo, así conseguirémolo. Este ano vai ser un pouco distinto xa que coas medidas Covid-19 , soamente poderemos facer a milla un día a semana.

Para todo isto, primeiro preparamos o percorrido con nova sinalización.

Lúa mandounos unha postal dende Irlanda onde pasou o confinamento e explicounos como temos que facer este curso para axudarlle.

Así que nos imos a poñer en marcha para conseguir moitas millas axiña. Imos aló!!

 

 Lua's mile

 

In november we brought “Lua’s world tour” back. The pandemic situation didn’t let us finish the tour so this year we are going to try to do it all together. This year, Due to COVID-19 situation, pupils can only participate once a week.



by Dr. Radut