Skip to Content

Monthly archive

Noemi queda na casa, practicando actividade física.

Noemi queda na casa,

practicando actividade física.

Noemi  de 3ºA, compartiu con nós a súa actividade física diaria. Nesta ocasión  dando un paseo polo Monte Aloia, na praia e no río. Moi ben.

 

Senda Espazo Fortaleza-Forcadela. Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda Espazo Fortaleza-Forcadela.

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda Espazo Fortaleza- Forcadela é unha ruta que está en Tomiño, vai pegada ao Río Miño. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Noemi de 3ºB coa súa familia fixeron esta ruta en bici. Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moita fauna e moita flora, sobre todo nas épocas de migración das aves, ímosvolos ensinar:

Moitísimas grazas familia.

Rocío e Joswar quedan na casa, practicando actividade física.

Rocío e Joswar quedan na casa,

practicando actividade física.

Rocío e Joswar , compartiron  con nós, a súa actividade física diaria. Nesta caso  andando en bici, sabemos que lle encanta e que o pasan xenial practicando. Moi bo traballo.

Senda dos Muiños de Folón e Picón . Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda dos Muiños de Folón e Picón .

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda  dos Muiños de Folón e Picón é unha ruta que está no Rosal, vai pegada a estes muiños, dando lugar a un entorno natural fantástico e de gran valor etnográfico.  Julián de 4ºB coa súa familia fixeron esta ruta andando. Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moita fauna e moita flora, ímosvolos ensinar:

Angel José fai actividade no medio Natural.

Angel José fai actividade no medio Natural.

Angel José de 5ºB, fai moita actividade ao lado da súa casa. O certo é que vive nun entorno estupendo, para facer moitas rutas andando ou en bicicleta, polas sendas que ten. Alí podes camiñar entre plantacións de kiwis, viñedos, ver moitos animais e pasalo xenial. Aquí vos deixamos os seus vídeos eun saúdo moi especial e agarimoso para todos os alumnos do colexio, especialmente para os seus compañeiros de 5ºB. Moitas grazas Angel.

   
 
 
 

 

 
 
 

Cualificacións fin de curso

 

Xa están publicadas as notas do alumnado na aplicación ABALARMÓBIL.

A educación emocional a través do Mindfulness

 A educación emocional a través do Mindfulness

Este curso dentro do Proxecto Erasmus+, levamos a cabo un curso de formación para mestres e levamos á aula o Mindfulnes. Unha experiencia fantástica para traballar a educación emocional e a relaxación.

 Nas sesións coa poñente tivemos clases teóricas e prácticas. Nas teóricas tratamos as bases do mindfulness, todos os datos necesarios para entender en que consiste, o seu proceso ou os beneficios que pode aportar, entre outros. Na parte práctica elaboramos cousas como apoio ás clases teóricas e traballamos co noso propio corpo.

As sesións do profesorado:

 Traballamos prácticas onde experimentamos sensacións o noso corpo e co dos compañeiros.

Elaboración de cerebros para entender os procesos polos que pasamos e o seu posterior traballo sobre eles, separamos as súas partes e indagamos sobre elas.

 

 Coñecemos os noso sistema nervioso e os órganos, a relación de todo isto na práctica do mindfulness e os seus principios.

Recomendacións de libros por parte da persoa encargada da nosa formación.

Prácticas de respiración con molinillo e globo.

As sesións co alumnado:

O alumnado de educación infantil tivo momentos de relaxación e de sentir o corpo.

Taller de mindfulness para o alumnado de educación primaria no ximnasio do centro.

Iniciación o Mindfulness do alumnado de 6º, respiración profunda. Usando unha corda como elemento para interiorizar o movemento do abdome.  

 O alumnado realizando a práctica de respiración procurando ser conscientes da respiración abdominal e da torácica. Por outra parte, tamén se fixo a práctica de respiración tapando unha fosa nasal e logo a outra.

Alumnado de primaria na iniciación ó Mindfulness, tomar consciencia do estado de calma, quietude, silencio e gozar da respiración pensando en algo agradable e que nos cause unha boa sensación.

 O alumnado de infantil experimenta coas texturas e as sensacións que lles transmiten algúns obxectos descoñecidos.

Unha experiencia moi importante para a vida, coa que esperamos continuar no vindeiro curso.

 

 Mindfulness

We worked Mindfulness in our school in order to improve our way of relax and our emotions.

We had several lessons were we learned how to practice Mindfulness and how to show it to our students.

Teachers practice some exercices themselves or with the help of their mates, such as breathing with the help of a ballon. Besides we learned how our body and organs work.

On the other side, students practice those exercices at the gym, focusing on the breathing with some exercices as breathing with the help of a rope or blocking one nostril.

Biblio Dous. Boletín fin de curso

Neste fin de curso tan atípico Lúa despídese de todos vós cunha carta na que fala do desexado reencontro en setembro e cun vídeo recomendándovos lecturas para todos e todas durante as vacacións. E o noso Departamento de Orientación recórdanos o importante que é potenciar nos nenos e nenas o interese por aprender, tamén durante o verán.
 


(Preme nas imaxes para acceder ao Blog da Biblioteca e poder lelas)
 
 

Senda das Salina do Ullo

Senda das Salinas de Ullo en Vilaboa (Pontevedra)

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda das Salinas de Ullo en Vilaboa (Pontevedra) é unha ruta con moita vextación moita fauna e onde podedes pasar un día estupendo en familia. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Alex de 5ºC coa súa familia fixeron esta ruta . Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moitos patos, garzas,etc, sobre todo nas épocas de migración das aves, ímosvolos ensinar: 



Aquí tedes máis información para animarvos a visitala en familia.



by Dr. Radut