Skip to Content

Monthly archive

A Milla de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Dende o mes de novembro cada clase estamos a percorrer a milla un día a semana. Este ano coas medidas Covid-19 non podemos facelo a diario coma ata o de agora. Pero imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo en Millas.

 

 Lua's world tour

This year we cannot help Lua as much as we can because of the covid but anyhow, we always help Lua to walk a little bit more. 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

Curso 19-20

Venres  día 17 de xaneiro de 2020

O vindeiro venres día 17 de xaneiro de 2020  terá lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián.  A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºB,  5ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

O pasado xoves día 6 de febreiro, o alumnado de 3 anos visitaron a Panadería Rollo, que está cerquiña da escola. Alí con Moisés un excelente panadeiro fixemos masa, preparamos os nosos boliños e vimos como se coce o pan. Foi fantástico, agora xa podemos facer pan no restaurante de Lúa ou na nosa casa. Que rico! Gracias Moisés por transmitirnos a túa paixón por este alimento saudable.

 

Bakers for a day

On February 6th, 3 year old students visited Rollo’s bakery, near our school. Moises, a master Baker help us to make a great dough with which they prepared delicious bread buns. It was great! Now we can prepared it in Lua’s restaurant at school. Thank you Moises for teaching us so well.

Xiana queda na casa, practicando actividade física .

Xiana queda na casa,

practicando actividade física .

O pasado mércores día 25 de marzo, Xiana de 3ºB, quedou na casa practicando actividade física coa súa irmá. Pero algo que lle gusta moito e que practica todos os días coa súa familia é actividade física nunha cinta de andar e correr.

Aquí vos deixamos as súas fotos para que vós tamén vos animedes a compartir as vosas. Estou segura que tod@s practicades estes días moita actividade física creativa coa vosa familia. Noraboa Xiana. Sodes uns campións.

Uxía queda na casa, practicando actividade física.

Uxía queda na casa,

practicando actividade física.

Uxía de 6ºA, práctica cada día moita actividade física, na súa casa. Onte día 18 de abril, Uxía achegábanos as súas fotos practicando na bicicleta estática e facendo actividade no chan. Práctica tódolos días para estar física e mentalmente forte. Iso axúdalle moito para as súas actividades escolares.

 

Aquí vos deixamos as súas fotos. Animádevos os demais alumn@s de sexto a compartir a vosa actividade física na casa, seguro é moi interesante tamén e gustaríanos vervos ao igual que a Uxía.

 Moitas grazas aUxía e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos con nós.

Paula queda na casa, practicando actividade física .

 Paula queda na casa,

 practicando actividade física .

 Paula de 6ºA, achéganos algunhas fotos  fantásticas, facendo actividade física co seu irmá Jaime na súa casa e na súa piscina... Tamén nos conta que cada día fai un pouquiño máis de actividade física, cousa que nos gusta moito. Moitas, moitas grazas a Paula e a súa familia. 

Cualificacións fin de curso

 

Xa están publicadas as notas do alumnado na aplicación ABALARMÓBIL.

LECTURAS RECOMENDADAS EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

....E xa temos as primeiras recomendacións de lectura. Desta volta, Os nenos e nenas de infantil 4 anos desfrutaron coa lectura destes libros:

Queredes saber de que van os contiños? Non vos perdades aos vosos compañeiros das aulas de infantil de 4 anos contando estes contos maravillosos!!!

PARA VER O CONTO DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS A PREME NA SEGUINTE IMAXE:

PARA VER O CONTO DOS NENOS DE 4 ANOS B PREME NA SEGUINTE IMAXE:

 

 

Grazas polo voso fantástico traballo!!

30 de xaneiro: Día escolar da Non Violencia e a Paz

 

Seguimos traballando no noso Proxecto de Centro 

sobre o tema da alimentación e os

hábitos de vida saudables.

Nesta ocasión desde Educ. Infantil, cociñando

para este día, unha receita moi especial.

 

 
 
 January 30th
 
We keep working with our Healthy lifestyle Project. In this occasion, prepramary education decided to cook a very special receipt.


by Dr. Radut