Skip to Content

Monthly archive

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui. 

O pasado sábado 21 de novembro, aproveitando que o noso entorno está ideal para pasar momentos entrañables, Yago Pazo de 5ºA visitou coa súa familia os Muíños do Tripes en Tui. Un lugar con moito encanto para relaxarse e pasar grandes momentos no medio natural. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O pasado martes 4 de febreiro, tivo lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para a Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos da xornada, na que os participantes disfrutamos moito co alumnado do CEIP Randufe, CEIP Nº1 e do Clube Bádminton Tui.

 

Badminton 19-20

On Tuesday 4th, 2nd session of 5th and 6th grade Badminton  championship took place in Ceip Randufe Pavillion. Here you have some pictures of our students playing with the ones from Randufe, CEIP Nº1 and Tui’s Badminton club.

Suspéndense todas as actividades de Deporte no 2

Suspéndense todas as actividades  de Deporte no 2.

Debido as últimas medidas de protección tomadas dende a Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o deporte, debido a pandemia que está a producir polo Covid-19, quedan suspendidas ata novo aviso todas as actividades organizadas dende Deporte no 2.

Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar.

Noa queda na casa, practicando habilidades ximnásticas.

Noa queda na casa,

practicando habilidades ximnásticas.

Noa de 5ºA, práctica cada día actividade física, no xardín da súa casa practica o que máis lle gusta, habilidades ximnásticas, pero antes fai un bo quecemento. Así nos gusta!  Noa es una ximnasta incrible.

 

A Noa tamén lle gusta moito a compañía dos seus cans, cos que aproveita estes días para xogar todo o que pode.

Moitas grazas a Noa e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Xenxo queda na casa practicando actividade física .

Xenxo queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 2 de maio, Xenxo de 4ºA volveu contactarnos, para enviarnos o seu vídeo na que practica carreira na cinta. Xenxo adaptase a climatoloxía é segue a practicar actividade física a diario.

Parabéns  Xenxo e moitas grazas por achegarnos a túa forma divertida de quedar na  casa.

Senda da Pedra Santa. Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda da Pedra Santa.

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda da Pedra Santa é unha ruta circular de 9km aproximadamente. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Vai dende a Ponte Romana en  Guillarei, seguindo o Camiño de Santiago ata a Ponte das Febres e volve pola Senda do Río Lagartón ata o punto de saída, pasando por moitas zonas de cultivos fascinantes. Ten moitos recunchos con encanto, con unha reserva importante de fauna e flora, ímosvolos ensinar:

Daniel e Javier Docampo coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da Ponte Romana e que fixeron a pé.

 

Daniela, Hugo e Brais coa súa familia ensínannos a Senda da Pedra Santa en bicicleta, unha ruta que lles encanta.

 

 

 

 

Benvida ao curso 20-21

Dende o centro damos a benvida ás familias para este novo curso escolar, sen dúbida diferente.

 

Neste documento facilitamos información para o inicio de curso que cremos que resultará de utilidade.

 

Preme na imaxe para visualizalo.

 

Grazas pola vosa colaboración

A Dirección

 

 

Aviso:  No Blog do Departamento de Orientación podedes acceder á información sobre a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

A volta ao Mundo de Lúa

A volta ao Mundo de Lúa 

No mes de Novembro retomamos a “Volta ao Mundo de Lúa” que comezamos o curso pasado. O confinamento non permitiu rematar a volta completa, así que este ano imos tentar entre todos rematala. Todos os días o alumnado do colexio percorreremos millas cada recreo, así conseguirémolo. Este ano vai ser un pouco distinto xa que coas medidas Covid-19 , soamente poderemos facer a milla un día a semana.

Para todo isto, primeiro preparamos o percorrido con nova sinalización.

Lúa mandounos unha postal dende Irlanda onde pasou o confinamento e explicounos como temos que facer este curso para axudarlle.

Así que nos imos a poñer en marcha para conseguir moitas millas axiña. Imos aló!!

 

 Lua's mile

 

In november we brought “Lua’s world tour” back. The pandemic situation didn’t let us finish the tour so this year we are going to try to do it all together. This year, Due to COVID-19 situation, pupils can only participate once a week.



by Dr. Radut