Skip to Content

Monthly archive

Benvidos ao curso 20/21

Benvidos ao curso 20/21

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 20/21. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz, ainda con todas aquelas limitacións que nos poida traer a pandemia do Covid-19 que estamos a vivir...

E queremos darlle a benvida á profe Noelia de 1º, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri, a profe Raquel e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano no que sigamos por terceiro ano levando a cabo " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".

 

Campionato Provincial Escolar de Campo a Través 19-20.

Campionato Provincial Escolar

de Campo a Través 19-20.

Instalacións da Azucreira de Portas.

Mércores 12 de febreiro 2020

O Vindeiro mércores 12 de febreiro de 2020, en horario de mañá, vai ter lugar o Campionato Provincial Escolar da presente Campaña Deportiva, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións da Azucreira de Portas. A proba terá lugar de 10:30h a 13:30h. Nesta proba participará o alumnado da clase de 3ºA, clasificado na proba escolar levada a cabo no Cep Pedro Caselles de Tomiño. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:15h. do C.E.I.P. Nº 2 de Tui. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

Todo o alumnado que queira participar nesta proba, deberá traer esta notiña asinada antes do vindeiro martes día 21 de xaneiro, para autorizar ao Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a comunicar os datos relativos do meu fill@ ( nome, apelidos, data de nac , sexo…) cos únicos efectos de inscrición, mutualización  e desenvolvemento desta competición a Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…

Representantes para este curso

O Consello Escolar é un órgano colexiado no que participan na xestión os distintos sectores da comunidades escolar (familias, profesorado, concello, persoal non docente e equipo directivo).

A última renovación parcial dos compoñentes do Consello Escolar, foi en decembro de 2022. Está composto polos seguintes membros:

Presidente:                  Ramiro García Entenza

Xefe de Estudos:    Beatriz González Rodríguez

Secretaría:              Sheila Caride Fernández

 

 

Representantes do Claustro:

                 Rosa Mª Alfaya Vila

                 Mª José Carrete Marcos

                 Mª Luisa Pérez Saracho

                

 Representantes dos pais/nais

                 Beatriz Márquez Covelo

                 José Ramón Sánchez-Puga Gago

                 Alfonso Fontenla Fernández

               Sofía Cadenas Balseiro (Representante do ANPA)

 

 

 Representante do Concello

                 José Ramón Magán Rivera

 

Representante do Persoal no docente

                 José Javier Pérez Estévez

 

No Consello Escolar  están constituídas comisións:

- Comisión Económica.

- Comisión de Convivencia.

 

 

14 de febreiro: O alumnado de 6º de Ed. Infantil, protagonistas da nosa radio

Programa especial do mes de febreiro a cargo do alumnado de Educación Infantil contándonos o conto Crocodilo Namorado e outras novas de interese en torno a nosa cidade.

Canción principal: Crocodilo Namorado de MUSICRA TUI

 

 

                

Reto de Educación Física

Reto de Educación Física.

A proposta do reto de esta semana era de Javi, como podedes ver  no seguinte vídeo que él e o profe Xose vos explican. Animádevos a facelo e a enviar os vosos vídeos.

 

Elena de 6ºA e Humberto de 2ºB, apuntáronse ao reto e conseguírono. Parabéns.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Elena de 3ºA, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns. Ela reta aos nenos de 3º e 4º a facer a proba tamén. Animádevos.

Noemi de 3ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns.

Iago de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Traballo extraordinario.
Aeneas de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Traballo fantástico.
Daphne de 3 Anos A, apuntouse ao reto e conseguíuno. Moi ben.
Alejandro de 4ºA, apuntouse ao reto e conseguíuno. Fantástico.
Gabriel de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns.

Noemi de 3ºA, tamén se apuntou ao reto e conseguíuno. Parabéns.

>

Roque queda na casa, practicando actividade física .

Roque queda na casa,

practicando actividade física .

Roque de 6ºA, achéganos un vídeo  fantástico, practicando Tenis de Mesa co seu pai. Excelente Roque!. Saber que sodes creativos e sodes quen de practicar actividade física que vos gusta adaptando calquera espazo, fai que sexades deportistas incribles.

Moitas, moitas grazas a Roque e a súa familia.

Senda Tui-Caldelas Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda Tui-Caldelas

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda Tui-Caldelas é unha ruta que podes percorrer se vives en Tui eu ves de visita. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. O alumnado de 5º do colexio percórrea cada ano, no Tui en Ruta. Vai dende a cidade ata a Ribeira de Caldelas a carón do Río Miño. Ten moitos recunchos con encanto, e unha gran riqueza de fauna e flora, ímosvolos ensinar:

Aarón de 6ºC coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da depuradora na Veiga de Louro e parte da senda que nesta época do ano está ben fermosa.

Andrea de 5ºA e a súa familia ensínannos esta ruta en bicicleta, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela.


César de 4ºB convídanos a facer esta senda en bicicleta na ruta Paramos-Baldráns. Moitas grazas.

Alejandro de 4ºA e a súa familia ensínannos esta andando, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela. 

Material alumnado

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO

Con motivo da situación que estamos a vivir, e para evitar aglomeracións nas librarías os primeiros días de curso, adiantamos as listaxes de material por nivel.

O alumnado deberá vir con mascarilla, e traerá ao centro unha de reposto para deixar na aula gardada nunha bolsa de tea, estoxo...etc.

 

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria

Material Educación Física

 

 



by Dr. Radut