Senda Tui-Caldelas Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.
Senda Tui-Caldelas
Actividades no medio natural.
Rutas con encanto en familia.
A senda Tui-Caldelas é unha ruta que podes percorrer se vives en Tui eu ves de visita. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. O alumnado de 5º do colexio percórrea cada ano, no Tui en Ruta. Vai dende a cidade ata a Ribeira de Caldelas a carón do Río Miño. Ten moitos recunchos con encanto, e unha gran riqueza de fauna e flora, ímosvolos ensinar:
Aarón de 6ºC coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da depuradora na Veiga de Louro e parte da senda que nesta época do ano está ben fermosa.
Andrea de 5ºA e a súa familia ensínannos esta ruta en bicicleta, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela.
César de 4ºB convídanos a facer esta senda en bicicleta na ruta Paramos-Baldráns. Moitas grazas.
Alejandro de 4ºA e a súa familia ensínannos esta andando, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela.