Skip to Content

Monthly archive

Deporte en familia. Actividades acuáticas.

Deporte en Familia.

Actividades Acuáticas.

Esta semana do 18 de maio de 2020, coa subida das temperaturas, inauguramos as actividades acuáticas. Disfrutade das vosas piscinas e dos vosos amigos e familiares con seguridade, prudencia e moito coidado.

Hugo de 3ºB achéganos as súas fotos e vídeo pasándoo fantástico na piscina.

Yago de 4ºB achéganos o seu vídeo pasándoo moi ben na súa piscina. 

Paula de 6ºA e Jaime de 3ºA achégannos as súas fotos e o seu vídeo pasándoo moi ben na súa piscina.
 
   
Xenxo de 4ºA achéganos o seu vídeo pasándoo moi ben na súa piscina.
Andrea de5ºA achéganos o seu vídeo pasándoo moi ben na súa piscina.
Angel J. achégannos as súas fotos  pasándoo moi ben na súa piscina.
 

Senda do banco máis bonito do mundo en Redondela

Senda do banco máis bonito do mundo en Redondela.

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda do banco máis bonito do mundo en Redondela, é un lugar que vai polo mesmo lugar que vai o Camiño de Santiago Portugués. Chegar ata este lugar supón unha camiñata moi longa, pero paga a pena. A familia de Daniel e Javier Docampo fannos chegar unhas fotos fantásticas. Moitas grazas. Anímadevos a pasar un día en familia, neste lugar.

    


 

Facemos xelado no Restaurante de Lúa

Facemos "Xelado" no Restaurante de Lúa

20-01-20

O pasado xoves día 20 de xaneiro, o alumnado de 4 anos tivemos a sorte de facer e probar "Xeladoartesanal" no restaurante de Lúa.

Coa axuda dos nosos papás e das profes fabricamos un xelados que estaban riquísimos.

 

Moitas grazas pola vosa axuda papís.

 

Preparing ice-cream in Lua’s Restaurant

On Thursday 20th , 4 year old pupils made homemade ice-cream. Thanks to the parents for such an amazing help.

Entroido 2020

Entroido 2020.

O venres de entroido, foi un gran día de festa. Cada clase disfrazouse de algo saudable. Con toda a ilusión desfilamos polas rúas de Tui, para despois rematar no colexio coa tradicional cuchipanda de carnaval.

 

Elia queda na casa e fai unha pelota con material de refugallo, para practicar actividade física .

Elia queda na casa e fai unha pelota con material

 de refugallo, para practicar actividade física.

Hoxe xoves día 2 de abril, Elia quixo compartir con nós a súa pelota ruidosa, feita con material de refugallo. Fabricouna con bolsas de plástico, un ovo onde veñen as sorpresas dos ovos Kinder e contas para facela soar. Con ela xoga con Manuel o seu irmá. Gran traballo e fantástica idea Elia. Sodes uns campións.

Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos, para facer moita actividade física na vosa casa, tamén.

Moitas grazas a Elia e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.

 

Manuel queda na casa practicando actividade física

Manuel queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 30 de abril, Manuel de 4ºA compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai bicicleta estática tódolos días, entre 5 e 10 km diarios. Moi bo traballo Manuel.

Aquí vos deixamos as súa foto para que vos animedes a facer actividade física na casa ou na rúa vós  tamén. Sempre con moita responsabilidade.

Moitas grazas a Manuel e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.

Yago queda na casa practicando actividade física .

Yago queda na casa

practicando actividade física .

O pasado venres 8 de maio, Yago de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria de esta semana. Nesta ocasión coa bicicleta, sabemos que lle encanta e que o pasa xenial practicando. Como agora xa estamos na fase 1 do descofinamento, Yago aproveitou para sair con ela. Moi ben Yago, bo traballo.

CAMBIO DE ETAPA EDUCATIVA

 Estamos a piques de rematar este curso 2019 /2020. Un ano académico que, sen dúbida, quedará na memoria de pequenos e maiores.

 Hai nen@s que no próximo curso van comezar unha nova etapa educativa, continuando no colexio ou pasando a un centro de secundaria. Para tod@s el@s e para as súas familias achegamos esta información sobre o cambio de etapa, realizada polo psicopedagogo Jesús Jarque.

 

 

 

POR FIN AO INSTITUTO. GUÍA PARA FAMILIAS 

(orientadora Montse Alonso álvarez)

 

 Asemade, alumnado de tres anos incorporarase por primeira vez ao colexio, comezando o segundo ciclo da Educación Infantil. Esperamos con ilusión o momento de darlles a benvida ao CEIP Plurilingüe Nº 2.

 

 

CURSO 2020-2021.....COMEZAMOS!!

 

 

E xa estamos de volta!

Benvidos un curso máis ao blogue de Dinamización da Lingua Galega.

Despois do curso anterior temos postas moitas ilusións neste, agardamos que as cousas saian sempre ben e poidamos traballar pola nosa lingua como sempre.

O equipo encargado de dinamizar a lingua galega este ano está formado por: Eli, Nuria, Luis, Mª José, Merce e Montse.

Vémonos pronto!



by Dr. Radut