Skip to Content

Monthly archive

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Actividades para desenvolver as intelixencias múltiples durante o verán.

Documentación matrícula 2020-2021

 

1. Anexo III-1 (Documento de formalización de matrícula).

2. Autorización para o uso da imaxe pública do alumnado.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

4. Cuestionario lingua materna de Educación Infantil.

5. Dúas fotografías.

 

PRAZO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: DO 1 AO 10 DE XULLO

Aula de 4ºB de EP en corentena

 

Informamos que, seguindo as instruccións de Sanidade, e conforme ao Plan de Adaptación ao Covid-19 e ao Plan de Continxencia do Centro, queda en corentena a aula de 4º B de EP.

A día de hoxe hai dous casos positivos confirmados por PCR nas aulas de 4º EP, pero soamente se confina a aula de 4º B.

 

A corentena será ata o 17 de novembro, puidendo asistir ao centro o día 18 sempre que non haxa síntomas.

 

En setembro xa tivemos que vivir unha situación semellante co peche dunha das aulas de 3 anos, que por sorte so quedou nun caso positivo. 

 

 Insistir novamente no cumprimento de medidas de hixiene, seguridade e distancia, as cales son necesarias na loita contra o virus.

Transmitimos tranquilidade ante unha circunstancia deste tipo conforme aos tempos que nos toca vivir.

Moito ánimo

 

Nota informativa familias

 

Recordade que no apartado COVID-19 desta páxina web podedes consultar tódolos documentos relacionados coa mesma, tanto do centro como os publicados pola Xunta. 

Mensaxe Urxente ANPA 07/09/2020

MENSAXE URXENTE ANPA 07/09/2020:

Boas tardes, por favor precisamos con urxencia que nos digades que familia reservou o servizo de comedor antes do 10 de agosto, e que nos mandedes os comprobantes ao WhatsApp da Anpa na maior brevedade, pois a empresa nos está a dar listado de alumn@s que cremos erróneos.

Ademais, tamén nos gustaría saber q familia precisan a aula matinal e a de tarde.

Pedímosvos que soliciten os servizos aquelas familias que realmente o precisen, dado que por cuestións de protocolo COVID o aforo será moi limitado.

Un saúdo, grazas.

Benvida ao curso 20-21

Dende o centro damos a benvida ás familias para este novo curso escolar, sen dúbida diferente.

 

Neste documento facilitamos información para o inicio de curso que cremos que resultará de utilidade.

 

Preme na imaxe para visualizalo.

 

Grazas pola vosa colaboración

A Dirección

 

 

Aviso:  No Blog do Departamento de Orientación podedes acceder á información sobre a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

ARRINCAMOS.....E NON SÓ MALAS HERBAS!!!

Benvidos un curso máis a este recuncho adicado ao proxecto Voz Natura do centro!!

Neste 2020-2021 temos moitas novidades.....estade atentos.....nós xa temos a maquinaria engrasada e lista para botar a andar....botar sementes...

Polo de agora xa temos a nosa hortiña limpiña, grazas a que o noso conserxe mantivo á raia as malas herbas no verán.

 

Faltan uns cantos traballiños para tela lista de todo.

 

E neste curso 2020-2021....o noso centro animouse a traballar unha nova proposta dende Voz Natura e que ten que ver co Camiño de Santiago, a sostenibilidade, a reciclaxe........se esquecer a oferta de vida saudable que a ruta do Camiño nos achega no seu transcorrer pola nosa vila.

Sabíades que.....Ultreia ou ultreya (do latín ultra -máis alá- e eia -interxección para mover-) é un saúdo entre peregrinos do Camiño de Santiago?.

Antigamente o saúdo entre peregrinos era "Ultreia, suseia, Santiago" [sigue adiante, que máis alá está Santiago]. Cando un peregrino saudaba a outro dicíndolle "Ultreia" ("sigue adiante") e o outro respondía con "Et suseia!" ("e máis alá!").

Na actualidade o saúdo que se utiliza é "Bo Camiño!!"

Sabedes que lugar da nosa vila aparece na seguinte foto?

Que pon no cartel??

 

 

Estade atentos....pronto máis novas destes proxectos!!!

 

 

 

 

3,2,1....ACCIÓN!!

Estades preparados xa??

Porque este ano ides ter que traballar arreo pola nosa lingua....e que mellor que a través da lectura??

pero non vai só ler e ler e ler.....ademáis ides ter que:

- recomendar aos compañeiros doutras aulas o que tedes lido na clase en formato dixital....e botándolle imaxinación!

-contar ou representar un conto ou un anaco da vosa lectura.....

-facer un resumo, facer unha crítica do libro....musicando a vosa aportación....

 

buff...hai tantas opcións.....e se non se vos ocorre nada.....os titores e titoras deste cole son especialistas en facer cousas moi moi chulas....pedídelles axuda...

 

E todos os vosos traballiños van a estar expostos aquí para que todo o cole siga as vosas recomendacións de lectura, escoite as vosas opinións, os vosos contiños feitos por vós...

E pensaredes....e todo isto....por qué?? Pois porque vivimos en Galicia.....somos galegos.....e temos unha lingua propia que merece ser coidada e darse a coñecer.....

PREME NA SEGUINTE IMAXE PARA VER O VÍDEO QUE DA SAÍDA A ESTA ACTIVIDADE:

 

Covid-19

 

Con motivo da situación actual, este curso 21-22 tamén vai ser un pouco diferente.

 

Nesta páxina iremos engadindo publicacións do centro relacionadas con esta nova realidade que nos tocou vivir.

 

Documentos con normas de funcionamento relacionadas coa Covid-19 para este curso do centro:

 

 

 PLAN DE ADAPTACIÓN AO COVID-19 

 

 INFORMACIÓN COVID CENTRO DE SAÚDE DE TUI

 

PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP Nº 2

 

 

Documentos publicados pola Consellería:

 PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 21-22 (versión 14-01-22)

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 21-22 (versión 06-07-21)

 

PROTOCOLOS DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRENTE AO VIRUS SARS-COV-2(COVID 19( NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA. (Versión 05-11-20)

 

RECOMENDACIÓNS SOBRE A VENTILACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS NO CONTEXTO DA COVID-19 (Versión 04-11-20)

 

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (Versión 4-11-20)

 

 

Neste enlace podedes descargar os principais documentos que publicou a Consellería para unha volta segura ás aulas.

 

 

 

 Nº telefónico para comunicar as ausencias do alumnado por causas relacionadas coa COVID 19:  663032481.  Horario de 09:00 a 10:00 h.

 

Grazas pola vosa colaboración.



by Dr. Radut