Skip to main content

APRENDIZAXE COOPERATIVO

GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE

As familias dos Vagalumes volven semanalmente

realizar os grupos interactivos na biblioteca ou na aula.

Hai cinco grupos cooperativos cun adulto que dinamiza a actividade,

encargándose de promover a participación de todo o alumnado e

asegurandose que entenden e son quen de

explicar a actividade e posteriormente, realizándoa.

Cada 15/20 fan un cambio e tódolos grupos van rotando por

tódalas actividades. Nesta semana tocou completar os ósos do

esquelete buscando a información nos fondos da biblioteca,

xogaron a comprar productos e pagalos, realizaron unha comprensión

lectora sobre a alimentación saudable, recordaron as normas ortográficas

por medio de ilustracións e traballaron os meses do ano e as estacións.

 

Para asistir a esta actividade as familias asinan uns permisos e un documento de confidencialidade.

 

 

 

 

O MELLOR AGASALLO PAZ E PAN! ANUNCIO NADAL! #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Por un Nadal de Paz e Pan! A rapazada de 1º de Primaria escoita

o conto adaptado pola aula de 4ºB, baseado en O Principio de Paula Carballeira.

Así deciden realizar a terceira fase nunha lectura "Despois da lectura".

Un anuncio que pretende abrir os ollos sobre realides actuais.

Sobre as necesidades reais de países e xentes (incluso moi próximas a nós).

De que non todo o importante é algo material e que a paz pode conseguirse con un bico,

unha conversa, unha aperta, unha mirada ou un sorriso,

estas cousas alimentan e sanan os problemas do mundo.

Unha semente para todas e todos,

pero en especial para os que poden plantar o bosque.

Felices Festas!

Esta actividade non sería posible sen a colaboración do pai dun alumno ao piano:

Antonio Rodríguez Bustabad, a profe de Música: Antía Pita Martínez que realizou a

tradución da letra ao galego e a grabación radiofónica, as mestras de 1º de E.P

(Dulce, Carlota e María José) e o mellor que temos na escola: as nenas e os nenos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os interactivos dos Vagalumes xiraron ao redor de "Carrapuchiña Vermella".

Coa axuda das familias fixeron pizzas de Carrapuchiña e o lobo,

leron outra versión do conto "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés,

escribiron palabras arredor do conto cun xogo de letras

e fixeron un obradoiro cos protagonistas.

 

 

 

 

 

ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris,

compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia.

Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.

Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións,

aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.

Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado

senón tamén pola emoción da próxima visita.

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España,

demostrou que ante diversas formas de organización de aula,

os grupos heteroxéneos con voluntarios daban os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia.


- AUMENTA O NIVEL DO GRUPO.
-REDUCEN CONFLITOS.


Os voluntarios son adultos: familias, alumnado dos últimos cursos

do instituto, membros de asociacións, avos, tíos, mestres xubilados...


NON NECESITAN TER HABILIDADES ACADÉMICAS POIS A

SÚA FUNCIÓN É FOMENTAR O DIÁLOGO IGUALITARIO E A PARTICIPACIÓN.

Máis información

Iniciamos as primeiras sesións na aula para pasar posteriormente á biblioteca.

 

 

 

CLUBS CONVOCATORIA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara,

sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca

(polas limitacións) se autoxestionou,

colocouse no espazo e montou clubs para argallar.

Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía,

fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club.

En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.

 

 

REUNIÓN DE VOLUNTARIADO #bescolaresgalabertas #VoluntariadonaBE

Esta última semana mantivéronse reunións co alumnado

que desexa agasallarnos co seu tempo.

Son as futuras voluntarias e os futuros voluntarios, persoas que

colaborar e realizan as mesmas tarefas que as mestras do equipo

de biblioteca no tempo de lecer: empréstito e devolucións de fondos,

xogos, películas, colocación na CDU, empréstito no horario de lecer

de recursos tecnolóxicos: ipads, ordenadores, tabletas..., dinamización

da zona de disfraces e monicreques, do espazo argalleiro,

supervisión da zona de pinturas e obradoiros...

Un traballo inmenso que sen eles e elas non sería posible!

Gracias rapazada!! Encendendo motores!

 

 

 

TEATRO SYLVANIAN - V XORNADAS DE TEATRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O club Sylvanian Families sacou adiante a súa obra de teatro de sombras.

Un traballo feito pola rapazada, organizaron ata o último detalle, crearon cartaces,

 

entradas, votaron canta decisión tomaron. Alumnado organizado e crítico ao poder.


 

Un orgullo!! Moitos parabéns!!

 

 

 

 

PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.

 

Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir

un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.

 

 

Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.

 

Unha experiencia para repetir!

 

BIBLIOTECA HUMANA #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque

todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,

reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que

conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,

pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

 

Agradecemos a túa colaboración! Prema na ligazón e cubre o formulario.

 

GRUPOS INTERACTIVOS NA ERA COVID

Os Vagalumes, como en anos anteriores continúan cos seus grupos interactivos na Biblioteca Carlos Labraña,

pero este ano adaptándose ás restriccións que marcou a pandemia.

Non puideron asistir as familias e isto é algo que se botou moito de menos, pois son pezas importantes para a motivación.

Aínda así, realizaron semanalmente os seus interactivos con actividades nas que se aproveitaron todos os recursos  e espazos disponibles na biblio:

ipads, ordenadores táctiles, disfraces, libros, pantallas táctiles, música, balanzas e diverso material manipulativo...

Cousa que acorreu gran traballo e concienciación no alumnado para respectar as medidas Covid.

Pero o máis importante é que fomentaron o traballo cooperativo, saltando barreiras, concienciando dos perigos,

pero atentos e conscientes de que a vida é en grupo, a comunidade axúdase.

Todos podemos aprender e chegar máis lonxe pensando xuntos.

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - PROCESO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa teñen algunhas táboas cando falamos de teatro,

pero este ano rompeu os esquemas de toda unha humanidade.

Realizaron os seus comezos, coma sempre, na Biblioteca Carlos Labraña.

 

Recibiron a visita do autor da obra escollida: Carlos Labraña. Un grande.

Tiveron o privilexio de recibir unhas clases de expresión por parte de Quique Vázquez.

Inmenso Quique!

Ensaiaron a obra e xa tiñan decidido o atrezzo e a caracterización da compañía cando

unha pandemia azoutou o mundo enteiro e mandounos a todos para casa.

 

 

 

Na protección do fogar e da familia, idearon, pensaron e tomaron unha decisión:

seguir adiante co seu soño, transformalo e facer RADIO TEATRO!

 


 

Unha das grandes preocupacións era a parte artística da obra.

Non dera tempo a facer a caracterización das personaxes a través do debuxo, como outros anos.

Así, acudiron ao mellor ilustrador que podiamos ter:

Diego Cheda, quen dá forma e caracteriza a cada unha das personaxes.

Gracias, Diego, por tanto!

Posteriormente, nenas e nenos coas súas familias crean a caracterización dos actores e actrices.

Os Vagalumes deseñan fondos, árbores, carretillas... de atrezzo.

Xa por último, e usando varios programas como: Audacity, Imovie, Canva,

Remobe-bg, Cut past photo... créase o Radio Teatro Estrela... fugaz?

 

Este é o tríptico, ese que repartirían para

que todos tivesen constancia do seu proceso.

 

 

 

PARABÉNS VAGALUMES!!

 

 

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - ESTRELA... FUGAZ? #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

 

"Creo que se nace escritor, pintor ou músico. Nácese coa vocación e en moitos casos coas condicións físicas para a danza e o teatro, e cun talento propicio para o xornalismo escrito, entendido como un xénero literario, e para o cinema, entendido como unha síntese da ficción e a plástica. Nese sentido son un platónico: aprender é lembrar. Isto quere dicir que cando un neno chega á escola primaria pode ir xa predisposto pola natureza para algún deses oficios, aínda que aínda non o saiba. E tal vez non o saiba nunca, pero o seu destino pode ser mellor se alguén o axuda a descubrilo.

Non para forzalo en ningún sentido, senón para crearlle condicións favorables e alentalo a gozar sen temores do seu xoguete preferido. Creo, cunha seriedade absoluta, que facer sempre o que a un lle gusta, e só iso, é a fórmula maxistral para unha vida longa e feliz.”

Gabriel García Márquez

 

 A Convención dos dereitos do neno, no seu artigo 29, recolle como obxectivo da educación o desenvolver as capacidades de cada un dos pequenos e pequenas, ata o máximo das súas posibilidades.

Gabriel García Márquez fala do seu xoguete, ese xoguete é a excelencia que cada unha das rapazas e rapaces posúen.

A escola é a encargada de descubrila e desenvolvela.

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

EXPOSICIÓN E ACTO FINAL

O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO.

O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL

E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS.

"PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.

FOTOS DA XORNADA


MIND DESIGNER

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA TRABALLA NO ESPAZO ARGALLEIRO CO MIND DESIGNER.

LEGO WEDO

O ALUMNADO DE 3º CONTINÚA A SÚA FORMACIÓN EN LEGO WEGO NO ESPAZO ARGALLEIRO.

 

Distribuir contido