Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Plurilingüe Nantes

está admitido definitivamente.

O período de formalización da matrícula é do 20 ao 30 de Xuño.

 

 

ADMISIÓN

TODAS as solicitudes de admisión presentadas en prazo

ESTÁN ADMITIDAS.

BENVIDOS A TODOS !!

 

As listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar ou telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

CEAM Villardeciervos

O Ministerio de Educación e Formación Profesional concedeu  ao noso Centro o Programa Centros de Educación ambiental, xunto a mais centros de toda a xeografía española, o que supón que o alumnado de 5º e 6º da EP realizará unha saída didáctica a Villardeciervos na Provincia de Zamora entre o 15 e o 19 de maio, as familias podedes consultar neste enlace o DOCUMENTO DE INCORPORACIÓN do CEAM Villardeciervos, no que vos aclara moitas cuestións ao respecto.

ADMISIÓN CURSO 2023/2024

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 23/24

 

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 886151669.

Os impresos de solicitude están dispoñibles no centro de 9:30h a 14:30h, e tamén se poderán descargar premendo aquí: solicitude admisión ordinaria

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA PRAZA CURSO 2023/2024 EN CENTROS ADSCRITOS

 

Desde o luns 16 de xaneiro está aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2023/2024.

A QUEN VAI DIRIXIDO?:

Só para o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Vilalonga, por tratarse do noso instituto de adscrición.

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR E COMO?:

O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregado ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.

Poden cubrir e presentar a solicitude de 3 formas:

  1. Cubrila manualmente e presentala no noso centro.
  2. Cubrila na aplicación e presentala no noso centro.
  3. Cubrila na aplicación e presentala na Sede Electrónica, para o que precisarán a Chave365 ou certificado dixital.

(premer aquí para acceder e consultar máis información)

A data límite para presentar as solicitudes no centro é o LUNS 6 de febreiro

IMPORTANTE!!!: Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente non teñen que facer a reserva agora. Deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

 

Formulario reserva de praza:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

PLAN DIXITAL

ORDENADOR

PLAN DIXITAL

LOGO NANTES

CURSO 2023-2024

CEIP PLURILINGÜE NANTES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut