Skip to Content

RESERVA PRAZA CURSO 2022/2023 EN CENTROS ADSCRITOS

Desde o luns 11 de xaneiro está aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2022/2023.

A QUEN VAI DIRIXIDO?:

Só para o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Vilalonga, por tratarse do noso instituto de adscrición.

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR E COMO?:

O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregado ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.

Poden cubrir e presentar a solicitude de 3 formas:

  1. Cubrila manualmente e presentala no noso centro.
  2. Cubrila na aplicación e presentala no noso centro.
  3. Cubrila na aplicación e presentala na Sede Electrónica, para o que precisarán a Chave365 ou certificado dixital.

(premer aquí para acceder e consultar máis información)

A data límite para presentar as solicitudes no centro é o mércores 2 de febreiro

IMPORTANTE!!!: Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente non teñen que facer a reserva agora. Deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

 

Formulario reserva de praza:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A



page | by Dr. Radut