Ainda que este ano non podes celebrar o Dia Das Letras Galegas todos xuntos, mandámosvos uns recursos, xogos e demais que vos poderán axudar a gozar do día dende a vosa casa!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixemos este conto para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao autor Ricardo Carvalho Calero.
Entre toda a comunidade educativa fomos recopilando distintos utensilios para recrear esta orixinal lareira en relación ao PDI que estamos a desenvolver no centro.
No vindeiro 2020 Domingo de Andrade é galardoado no Día das Artes Galegas. Para conmemoralo o alumnado decorou este marcapáxinas para despois regallarlo a outro compañeiro. Trátase da Torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela.
Desde o Equipo de Biblioteca e o EDLG organizamos este obradoiro no que o alumnado confeccionou as súas bonecas e bonecos coas follas secas do millo, recuperando así un xogo tradicional.
Onte, celebrouse o magosto no cole organizado polo EDLG, que rematou cuns xogos que preparou o equipo de actividades extraescolares e complementarias.
Agradecer ás familias que viñeron asar as castañas a súa labor, ao grupo "A Meda do Castro" que viñese amenizar o evento, ao Concello de Sada por deixarnos as parrillas e a ASPACE por vin compartir un momentiño do seu tempo con nós.