Skip to Content

Animación á lectura

Apadriñamento lector Virtual

Este ano, debido á pandemia, non foi posible continuar co programa de apadriñamento lector de forma habitual polo que decidimos facelo de forma virtual. As clases prepararon un vídeo dun conto favorito que foi compartido durante a hora de ler. 

Deixamos aquí os diferentes contos lidos!

 

Chivos Chivones de 5° de Infantil
https://youtu.be/AdVinVKz57M

Dona Carme 1°A
https://youtu.be/drhzsjSgVdg

 Martiño e as cenouras desaparecidas de 1°A

https://youtu.be/xAi0YeUnVTk

Dona Carme de 1°B
https://youtu.be/hnwb5agJWmc

El Sapo Sordo de 3°A
https://youtu.be/Dj2eT_Pfgww

We're going on a bear hunt de 4°A
https://youtu.be/ggkesWJhjbY

¿Quién es Nuria? De 4°A
https://youtu.be/qeF3J6l91Sg

¿Qué es un refugiado? De 4°B
https://youtu.be/Djiok9i6nNs

Un agasallo diferente de 5°A
https://youtu.be/No3BY6bm8hg

Muna e Chave de 5°A
https://youtu.be/9E-vgzs18cQ

 

Rodolfo y el cumple de Susi de 6°A
https://youtu.be/-BSZxm-VpcI

 

Orellas de bolboreta de 6°B
https://youtu.be/Q9CXLS7wpNI

Moitas grazas aos que, ata agora, participaron e parabén polas vosas actuacións!!

 

 

 

 

 

Actividades 4º EP día do libro

 

Día do libro 2021

Continuamos o noso camiño cos contos! 

Para celebrar o día do libro 2021, traballamos baixo o lema "Escolle un conto, escolle un camiño" na que cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun conto. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas na biblioteca!

Deixamos a ligazón do vídeo para ver os resultados!

https://youtu.be/N2MwyJmw4bE

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Ola familias!

Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto. 

Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade. 

https://youtu.be/dLa19VLQhsk

Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2020

Ola familias!

Xa casi está a rematar o primeiro trimestre, pero antes de celebrar o Nadal, imos mirar o comezo do curso. 

Este ano para a inauguración da biblioteca, o alumnado fixo unha actividade chamando "Contos No Camiño" relacionado co proxecto de centro. 

Nesta actividades, tiñamos que adiviñar a que peregrino/a lle pertencia cada mochila peregrina segundo as pistas que deixaran dentro. O/as Peregrino/as eran personaxes de coñecidos contos infantís.

Para o alumnado de maior idade a actividade consistía en realizar un "Escape Room", axudando ao peregrino Nikoletto saír do albergue de O Cebreiro.

 

 https://youtu.be/fIrXYqBVjMM

 

Mes da ciencia en galega nas bibliotecas

Ola familias!

Este mes de novembro é o mes da ciencia en galego polo que noso recuncho, A Lareira do camiño xa está chea de libros sobre as diversas ciencias. 

Deixámosvos un documento con ligazóns con ideas de diferentes experimentos que podedes facer na casa...só tedes que pinchar no cadro de texto para abrir!

Convidámosvos a mandar unha foto dos experimentos que facedes: bibliotecamosteiron@gmail.com

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebrouse o Día Das Bibliotecas escolares!

Para celebrar este día, ao longo deste semana, o alumnado poderá participar nnha actividade de lectura e escritura de outono e Samaín.

Ademáis, preparamos coa axuda de equipo de EDLG, un recuncho de lectura chamado "A Lareira do Camiño", un lugar para ir ler os libros que recomendamos. Agora mesmo temos expostos libros do outono. 

 

Dende a Asesoria de Bibliotecas escolares de Galicia, o lema deste ano é "sempre o teu carón". Deixámosvos o cartel en formato PDF.

 

 

Catálogo biblioteca Online

Aínda que o alumnado poida visitar a biblioteca unha vez á semana coa súa titoría e no tempo de lecer cando lle corresponde, queremos compartir unha guia para poder buscar un libro online. Seguindo a guia, dende casa, podedes ver que libros temos dispoñibles no centro.

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA

 

DIA DO LIBRO 23 ABRIL 2020

O día 23 de abril é o día do libro. Este ano celebrámolo ainda que sexa dende a nosas casas. Presentamos a actividade preparada polo equipo da biblioteca que está relacionada co proxecto do centro; chámase RECEITAS DE CONTOS. Cada conto ten unha receita. Se queredes participar facendo unha das nosas receitas ou ben unha diferente relacionada cun libro, encantaríanos saber o que fixéchedes; video, foto, receita....... o que queirades!!

Abride o documento PDF para ver as receitas!

 

2 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Bos días, familias

Hoxe 2 de abril é o DÍa Internacional do libro infantil e xuvenil. Para celebralo, só vos recomendamos LER! Non hai mellor día que hoxe; estamos na casa e non fai moi bo tempo.

Gustaríanos saber que libros estades lendo na casa estes días. Podedes mandarnos unha mensaxe a bibliotecamosteiron@gmail.com e nos contades. A mensaxe pode ser unha foto, un debuxo, un resumo ou unha recomedación do conto que lichedes estes días. 

Deixámosvos unha idea dun resumo por se queredes!

FELIZ DÍA, FELIZ LECTURAS!

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O DÍA 1 DE ABRIL, É O DÍA DAS ARTES GALEGAS.

SABEMOS QUE OS NENOS E AS NENAS DO MOSTEIRÓN SON UNS ARTISTAS. MANDÁDENOS AS VOSAS OBRAS DE ARTE (DEBUXOS, MANUALIDADES.....) AO CORREO bibliotecamosteiron@gmail.com

DÍA DA POESÍA - POESÍA LARPEIRA

Hoxe é o día da poesía. Para celebralo dende as vosas casas, animámosvos a participar nesta actividade! Premade no ligazón para ver o documento.

https://issuu.com/bibliotecamosteiron/docs/d_a_da_poes_a_

 

 

8M na biblioteca Mostierón

Nova actividade dende a bilbioteca do centro para o 8M.

NADAL NA BIBLIOTECA

No mes de decembro os nenos e as nenas cas súas clases visitaron a biblioteca de centro para participar nunha actividade chamado STEAM (ciencias, tecnoloxia, enxeñería, arte e matemáticas). Os membros do equipo da biblioteca contaron un conto e despois o alumnado tiña un reto que conseguir. 

Aqui está o vídeo: 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA MOSTEIRON

No vídeo podedes ver as actividades que realizaron as nenas e os nenos na biblioteca Mosteirón durante o tempo de lecer. Fixeron marcapáxinas monstruosas e receitas de medo e outono!

ACTIVIDADES NO TEMPO DE LECER

HOXE FOI O PRIMEIRO DÍA DAS ACTIVIDADES DE OUTONO E SAMAIN NA BIBLIOTECA E ACUDIRON MOITOS NENOS E NENAS DE PRIMARIA NO TEMPO DE LECER PARA FACER MARCAPAXINAS E PARA ESCRIBIR RECEITAS DE MEDO.

SEGUIREMOS O RESTO DA SEMANA!

Actividades outono e Samaín na biblioteca

A semana que ven comezamos cas actividades de Samaín e o outono na biblioteca durante o tempo de lecer.

Animádevos a escribir receitas de medo (temos uns ingredientes moi peculiares!).

Tamén podedes vir facer marcapáxinas.

Acudide!!!

LISTOS PARA A LECTURA!

No mes de setembro inauguramos a Biblioteca do centro para o curso 2019/2020!

 

Felicitacións dende a biblioteca

 

Distribuir contido


by Dr. Radut