Skip to Content

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Ola familias!

Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto. 

Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade. 

https://youtu.be/dLa19VLQhsk

Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!



blog | by Dr. Radut