Secretaría

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-2021

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Documento  resume da orde  

AnexoI-II   

 

DATA LÍMITE ENTREGA DE SOLICITUDES: 19 de xuño de 2020

 

 DOCUMENTO OPTATIVAS, COMEDOR, TRANSPORTE

RECOLLIDA DE IMPRESOS, BALEIROS,  NO CENTRO  (PARA CUBRIR)  : de 10 a 11:45 h. , na mesa exterior colocada no porche. 

ENTREGA DE IMPRESOS CUBERTOS: de 12 a 13:30 h.  En ventanilla exterior. 

1 único impreso por familia . Por favor, letra clara e "campos" debidamente cubertos.  

PREGAMOS ENCARECIDAMENTE RESPECTEDES AS MEDIDAS DE SEGURIDADE  e HIXIENE (limpeza das mans, mascarilla, distancia de 2 m., ...) polo ben de todas/os.

Graciñas

Acordos Consello Escolar: 7 de maio de 2020

Dada a  situación excepcional que estamos a vivir poñemos no seu coñecemento algúns dos acordos aprobados onte, 7 de maio, na sesión ordinaria de Consello Escolar, cara o curso 2020-2021

Respecto ao alumnado: 

Hora de Libre configuración de 4º de Primaria:  establecer o currículo relacionado co uso das novas aplicacións e ou ferramentas informaticas. Iniciar a todo o alumnado máis pequeno no uso de ditas ferramentas.

Prohibición do uso de móbiles e/ou calquera outro aparello de gravación no colexio ou nas excursións. Só poderá utilizalo o alumnado de sexto, na excursión de fin de curso, previa autorización do seu profesorado acompañante.

Respecto ás familias:  

Iniciar a Escola de pais/nais o antes posible  para formar e informar ás familias no uso das ferramentas tecnolóxicas.

Pechar a porta de entrada ao edificio:  As familias que chegan tarde, deberán timbrar para entregar ao seu fillo/a  á persoa que lle abra a porta. 

Devolver a aportación voluntaria de comedor a aquelas familias do alumnado de sexto de primaria que fixeron dita achega ata o mes de xuño. Ao resto de familias, que fixeron dita achega dende marzo ata xuño, pasar ditas aportacións cara ao vindeiro curso. 

Menú de comedor: único para todo o alumnado usuario do servizo, en función das instrucións da Consellería de Educación; agás casos xustificados medicamente de alerxias alimentarias. 

A dirección

 

 

NOVOS PRAZOS ENTREGA SOLICITUDES DE MATRÍCULA

a) Novos prazos  entrega solicitudes de nova matrícula: 

 Do 11 ao 18  de maio de 2020 , ámbolos dous inclusive. 

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Listaxe provisional de alumnado admitido en 4º de Educación Infantil  (3 anos): todos os que solicitaron praza, dentro do prazo regulamentario.  

Listaxe provisional de alumnado admitido en 1º de Educación Primaria: todos os que solicitaron praza, dentro do prazo regulamentario.  

Listaxe provisional de alumnado admitidos en 3º de Educación Primaria: todos os que solicitaron praza, dentro do prazo regulamentario.  

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación (ata o 26 de maio de 2020).

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Todos os alumnos/as que solicitaron praza neste centro, dentro dos prazos legalmente establecidos, foron adminitidos. 

As entregadas fóra de prazo quedan pendentes da asignación de prazas por parte da inspección educativa. 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

MINI VÍDEOS- GUIA POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO

VÍDEOS DE AXUDA PARA A POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO:

1.-POSTA EN MARCHA DO ORDENADOR. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

2.- CONECTAR  ORDENADOR Á VOSA WIFI. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

3.- COMO ACCEDER Á NOSA PÁXINA WEB.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

4.- NAVEGAR POLA NOSA WEB. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

5.- COMPARTIR A WIFI DO MÓBIL NO PORTÁTIL ABALAR.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

 

NOVOS AVISOS: IMPORTANTES

Dado que a situación de "corentena" se prolonga, con máis dureza si cabe, a administración educativa  dispuxo  unha serie de medidas que poñemos no  seu coñecemento: 
1ª.- O profesorado realizará  a segunda avaliación por videoconferencia, tendo en conta só as notas e o traballo realizado ata o 13 de marzo. 

Publicaremos as notas a través de abalar móbil o venres, día 3,  ás 15 h.  Neste  momento é imposible entregalas  impresas.

Na terceira avaliación, que comezará de xeito "virtual"  o 15 de abril. Agardamos instrucións da Consellería de Educación. 

2º .- Ponse en marcha, a partires do 31 de marzo e ata o 6 de abril,  a posibilidade de solicitar unha axuda  "compensatoria" dos días  nos que os nenos/as usuarios do servizo de comedor, gratuíto (0 €/día)  ou semi (1 €/día),  no utilizaron  dito servizo. Información  detalla un pouquiño máis abaixo, nunha "entrada" específica. Remata o prazo o día 6. Non esperen, por favor ao último día. Se colapsa a rede quedarán sen a axuda. 

3º.- O profesorado  colgou  nesta páxina web
, na zona correspondente a "blogs  de aula" (lateral dereito) , un documento-  resume de cómo traballan  as distintas áreas e cal  é o xeito de porse en contacto co profesorado. Por favor, lédelo; é importante para saber  que facemos nós e que tedes que facer vós.

4º Os documentos de pago do comedor quedarán a súa disposición na conserxería  ata que poidamos incorporarnos ao centro.  Habilitaremos, coma sempre,  o pago telemático.

Graciñas pola vosa colaboración¡¡

Paciencia e saúde para todas/todos¡¡¡

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS COVID-19

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS COVID-19

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP  convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola devandita Consellería, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (Orde do 27 de marzo de 2020).

Poderán beneficiarse da axuda aqueles usuarios de comedor que pagan 0 € ou 1 € polo servizo de comedor con data 31 de xaneiro de 2020. Prazo: ata o 6 de abril.

Detállase a información no documento adxunto.

Non dubidedes en facernos chegar as vosas dúbidas por teléfono ou correo electrónico.

 IMPORTANTE:  SI SOLICITADES AXUDA DO CENTRO, TEDES QUE ENVIAR OS DATOS TAL E COMO SE DETALLAN NO DOCUMENTO QUE RECOLLE A INFORMACIÓN RESUMIDA. 

 Grazas¡¡

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE POLO COVID-19. NOVAS SOLICITUDES DE MATRÍCULA

PONSE EN COÑECEMENTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE A PARTIR DO DÍA 16 DE MARZO, LUNS, DE XEITO OBRIGATORIO PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS. A DURACIÓN SERÁ DE 14 DÍAS A PARTIRES DESTA DATA. PARA MAÑÁ VENRES, 13 DE MARZO, RECOMÉNDASE A NON ASISTENCIA DO ALUMNADO, PERO OS CENTROS PERMANECERÁN ABERTOS PARA AQUELES CASOS EN QUE AS FAMILIAS NON POIDERAN CONCILIAR, CUN HORARIO NORMAL. NON SE PODERÁ CONSIDERAR FALTA DE ASISTENCIA PARA OS QUE MAÑÁ NON ASISTAN AO COLEXIO.

AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DE NOVAS  SOLICITUDES DE MATRÍCULA ATA UNHA SEMANA DESPOIS DE QUE SE REINICIEN AS CLASES CON NORMALIDADE, SEGUNDO INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA. 

SEGUIREMOS INFORMANDO.

A DIRECCIÓN DO CENTRO

Distribuir contido