Secretaría

ADMISION definitiva CURSO 17-18

Todas as solicitudes presentadas no centro para Ed. Infantil e Primaria están admitidas , agás : Jiménez Tyukodi, Naila;  Piñeiro Estrela, Ainhoa e Bitah , Adam por quedar excluidas automaticamente ao presentar a solicitude de matricula en dous centros á vez.

 

Entre o 20 e o 30 de xuño deberán pasaar polo centro para confirmar a matrícula. 

A dirección

AVISOS URXENTES

Avisos urxentes de transporte escolar ; Excursión a Santiago

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADA  para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra.
  2. SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente, con seguimento das condicións climáticas.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

É dicir:

  • Mércores,  día 22, o transporte traerá  aos nenos pero non os levará de volta.
  • Xoves, día 23: non funcionará o transporte escolar pola mañá, pero sí pola tarde.
  • Non poderán sair do edificio nin no recreo da mañá, nin de mediodía. 
  • No caso, de que a situación se poña moi perigosa poderanse suspender as clases. 
  • Isto afecta tamén ao alumnado do PROA.
  • EXCURSIÓN DE 1º e 2º: APLÁZASE ATA NOVO AVISO


Pregamos estean atentos ao correo e/ou páxina web do colexio por se houbese algunha novidade. 

A dirección

MAGOSTO 2016

MAGOSTO 2016:

Mañá, venres 4 de novembro, a partires das 16 h. celebraremos o Magosto no patio do centro. Agardamos contar coa vosa presenza e que nos acompañedes a degustar  castañas.

A dirección

Inicio xornada partida: 3 de outubro

Inicio xornada partida: luns, 3 outubro

HORARIO LECTIVO: 10 h. a 13:30  e de 15:25 h. a 17 h.

Comedor: 13:30 h. a 14:30 h.

Actividades ANPA e recreo : 14:30 a 15:20 h.

Saída: 17 h.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Clica no enlace para acceder ao listado completo de libros de texto, curso 2016-17

Solicitude comedor curso 2016- 2017

Clica sobre o enlace para descargar o formulario de solicitude do servizo de comedor:

Anexo II modelo de autodeclaración e especificacións

 

Aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do servizo de comedor escolar durante o curso 2016-2017.  Impresos en conserxería.  

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN NOVO ALUMNADO curso 2018 -2019

 Curso 2018 - 2019

 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

eserva de praza no centro de orixe ou e adscrición.

Do 1 ao 15 de febreiro.

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.

23 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes.

Antes do 1 de marzo

Novas matrículas: Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores.

 

solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderá solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

A partir do 22 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 25 de abril

Reclamacións.

 

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos.

5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

Publicación de listaxes definitivas.

Antes do 15 de maio.

No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


RECLAMACIÓN: 

As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as ditou.

 

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

No impreso pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia (presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se relaciona como primeira opción, xa sexa público ou concertado).

Todas as solicitudes que non puidesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 


NORMATIVA:

·         Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

·         Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

·         Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)


DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

·         ANEXO I Reserva de praza

·         ANEXO II: Formulario de admisión

 

vacantes:

 

A

(aulas)

B

(alumnos/as)

Vacantes

 Infantil

EI3

1

25

22 (3 NEE)

EI4

1

18

7

EI5

2

29

21

Primaria

EP1

2

25

25  ( 6 NEE)

EP2

2

28

22

EP3

2

29

21

EP4

2

35

15

EP5

2

30

20

EP6

2

29

21

LIBROS 2015 - 2016

Clica no enlace para descargar o listado completo de libros de texto para o curso 2015- 2016

Distribuir contido