Secretaría

SOLICITUDES COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR 20- 21

INSTRUCIÓN 2/2019, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 16 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS

COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Autodeclaración comedor curso 20-21

 Comedor: 1 impreso por familia

Anexo III: solicitude nais colaboradoras no comedor. Imprescindible presentar certificado delitos sexuales 

 

TRANSPORTE: É NECESARIO PRESENTAR A SOLICITUDE  DE TRANSPORTE ESCOLAR  SÓ  PARA USUARIOS DO TRANSPORTE MUNICIPAL E DA CONSELLERÍA NAS PARADAS ENTRE PARÉNTESE. 

                                                               (as paradas a máis de 2 km. do centro non precisan autorización)

Transporte: 1 impreso por alumno/a

Ruta de Bascós.  (Bascós- Entrevías)

Ruta de Meda- Marcelle. (Duquesa, Reboredo,21)

Ruta de Vilachá . (Calvo Sotelo, 38, Benito Vicettto, Casas Baratas)

Ruta de Reigada. (Morín1, Morín2, Rivasaltas)

Transporte Municipal

Acordos Consello Escolar: 7 de maio de 2020

Dada a  situación excepcional que estamos a vivir poñemos no seu coñecemento algúns dos acordos aprobados onte, 7 de maio, na sesión ordinaria de Consello Escolar, cara o curso 2020-2021

Respecto ao alumnado: 

Hora de Libre configuración de 4º de Primaria:  establecer o currículo relacionado co uso das novas aplicacións e ou ferramentas informaticas. Iniciar a todo o alumnado máis pequeno no uso de ditas ferramentas.

Prohibición do uso de móbiles e/ou calquera outro aparello de gravación no colexio ou nas excursións. Só poderá utilizalo o alumnado de sexto, na excursión de fin de curso, previa autorización do seu profesorado acompañante.

Respecto ás familias:  

Iniciar a Escola de pais/nais o antes posible  para formar e informar ás familias no uso das ferramentas tecnolóxicas.

Pechar a porta de entrada ao edificio:  As familias que chegan tarde, deberán timbrar para entregar ao seu fillo/a  á persoa que lle abra a porta. 

Devolver a aportación voluntaria de comedor a aquelas familias do alumnado de sexto de primaria que fixeron dita achega ata o mes de xuño. Ao resto de familias, que fixeron dita achega dende marzo ata xuño, pasar ditas aportacións cara ao vindeiro curso. 

Menú de comedor: único para todo o alumnado usuario do servizo, en función das instrucións da Consellería de Educación; agás casos xustificados medicamente de alerxias alimentarias. 

A dirección

 

 

MINI VÍDEOS- GUIA POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO

VÍDEOS DE AXUDA PARA A POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO:

1.-POSTA EN MARCHA DO ORDENADOR. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

2.- CONECTAR  ORDENADOR Á VOSA WIFI. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

3.- COMO ACCEDER Á NOSA PÁXINA WEB.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

4.- NAVEGAR POLA NOSA WEB. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

5.- COMPARTIR A WIFI DO MÓBIL NO PORTÁTIL ABALAR.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

 

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE POLO COVID-19. NOVAS SOLICITUDES DE MATRÍCULA

PONSE EN COÑECEMENTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE A PARTIR DO DÍA 16 DE MARZO, LUNS, DE XEITO OBRIGATORIO PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS. A DURACIÓN SERÁ DE 14 DÍAS A PARTIRES DESTA DATA. PARA MAÑÁ VENRES, 13 DE MARZO, RECOMÉNDASE A NON ASISTENCIA DO ALUMNADO, PERO OS CENTROS PERMANECERÁN ABERTOS PARA AQUELES CASOS EN QUE AS FAMILIAS NON POIDERAN CONCILIAR, CUN HORARIO NORMAL. NON SE PODERÁ CONSIDERAR FALTA DE ASISTENCIA PARA OS QUE MAÑÁ NON ASISTAN AO COLEXIO.

AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DE NOVAS  SOLICITUDES DE MATRÍCULA ATA UNHA SEMANA DESPOIS DE QUE SE REINICIEN AS CLASES CON NORMALIDADE, SEGUNDO INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA. 

SEGUIREMOS INFORMANDO.

A DIRECCIÓN DO CENTRO

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022

Documento para as familias: información do curso (profesorado, avaliacións, rutas e horarios do tte.escolar, ...).

 

Clica sobre o enlace para ter acceso a toda a información.

Fase de reserva de prazas  en centros de adscrición: 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
  • NOVAS SOLICITUDES DE MATRÍCULA: do 1 ao 22 de marzo, ambos inclusive

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I: Reserva de prazaAnexo I bis

 Solicitude novas matrículas :

Formulario ED550B-Galego

ED550B-Castelán

 

VACANTES CURSO 21-22

Curso 2019-2020

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/20

 Clica sobre o enlace para ver o tríptico de presentación do centro1.     Folla2 

 

RESUME DA INFORMACIÓN: Momento actual do proceso

 Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020. UNHA ÚNICA SOLICITUDE POR ALUMNO/A NO CENTRO ELEXIDO EN PRIMEIRO LUGAR. 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B).  Facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado.  Asinado por ámbolos dous proxenitores. 

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a:   Fotocopia de todas as páxinas escritas do libro de familia e orixinal para cotexo.

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

 

 

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

 

 Centro de adscrición: IES RÍO CABE

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

1.      

Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.

2.      

Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate:  As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P"

3.      

Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)

4.      

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

5.      

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.

6.      

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7.      

Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.      

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

9.      

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

10.  

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).

11.  

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

12.  

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)

·        

Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).

·        

Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a)     

Entregándoa no centro de orixe do alumno (centro no que está actualmente escolarizado).

b)     

Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

·        

A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

·        

A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).

·        

A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)

1.      

Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.      

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3.      

Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

4.      

Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

5.      

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:

a)     

Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II (modelo ED550B), que pode recoller gratuitamente no centro ou descargar dende a páxina web da Consellería.

b)     

Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

Ligazón (galego):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

Comedor e Transporte Escolar

TRANSPORTE ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

-      

Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27 de xuño de 1988)

-      

Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

COMEDOR ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

-      

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

-      

Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007)

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

 

 

 

RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS

 

Departamento de Orientación, profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe;   Auxiliar de conversa.

Aulas específicas de : Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Música, Relixión, Informática,  Laboratorio de Idiomas

 

 

OFERTA DE PRAZAS

CURSO 2019 - 2020

CURSO

 Data nacemento

Reservas/Perman

VACANTES

 

 NEAE

4º DE INFANTIL

2016

0

22

3

5º DE INFANTIL

2015

17

8

 

6º DE INFANTIL

2014

25

0

 

1º DE PRIMARIA

2013

20

25

5

2º DE PRIMARIA

2012

38

12

 

3º DE PRIMARIA

2011

26

24

 

4º DE PRIMARIA

2010

33

17 

 

5º DE PRIMARIA

2009

34

16( 1 vacante menos, debido  á escolarización extraordinaria dunha alumna en 4º de E. Primaria)

 

6º DE PRIMARIA

2008

34

16

 

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS :

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

RELACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN, FORA DE PRAZO, QUE ESTÁN PENDENTES DA APROBACIÓN DE INSPECCIÓN

 

AVISOS IMPORTANTES curso 2019-2020

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO, 2019-2020

 

Listaxe provisional de libros adxudicados para o curso 19-20, en 3º e 4º de Primaria. 

 

Non necesitades imprimir a listaxe. Entregarémola no centro, en setembro, xunto ao lote de libros correspondente. A listaxe é a nivel informativo, para que saiban se teñen que mercar algún libro ou non. Pregamos comproben primeiro os libros de cada curso (algunhas áreas non teñen libro de texto ou  caderno de traballo). 

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020: 

PRIMARIA:

o  

Impresos    en conserxería ,  páxina web do colexio (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/)  e portal educativo da Consellería de Educación   (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) .

o  

Prazo límite de entrega e  documentación:  Ata o 21 de xuño inclusive.  Anexos I e II, debidamente cubertos – un por familia-.  Fotocopia de todas as páxinas escritas do libro de familia  ou documento oficial da situación familiar .   Consultar  renda 2017. Non admitiremos solicitudes incompletas.

 

Þ Comedor e transporte escolar :

    Autodeclaración comedor 19-20

    Solicitudes de transporte escolar a menos de 2 Km. do centro: 

    Liña de  Bascos (Bascós, Entrevías)

    Liña de Vilachá (Calvo Sotelo, 38; Benito Vicetto, darsena; Casas Baratas)

    Liña de Meda- Marcelle (Duquesa, Reboreda, 21)

    Liña de Reigada (Morín1, 2; Rivasaltas1)

    Municipal

 


                                                                                                                     A dirección

 

Distribuir contido