DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA.

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

RESUME DA ORDE: 

Beneficiarios:

Ø 

Directos (sen necesidade de presentar solicitude) Alumnado beneficiario da axuda de material escolar (de 1º a 6º de Primaria).

Ø 

Presentando solicitude:  Alumnado excluído  da axuda de material escolar (de 1º a 6º de Primaria), por diversos motivos, logo da comprobación dos datos da renda (declaración ano 2018, renda  per cápita familiar  igual ou inferior a 6000 €).

 

Presentación da solicitude e documentación:

En “ventanilla”, no centro. Presentarase unha única solicitude por familia,utilizando o formulario normalizado (procedemento ED303E, ANEXO I). iMPRESOS  NO CENTRO OU EN BREVE, NESTA PÁXINA. 

Ø 

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Ø 

Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demaismembros computables da unidade familiar.

Ø 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ouconvenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Prazo de presentación:

Dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (13 de novembro).