Ed. Física
MARTES 21
Gústame moito o voso traballo nas casas. Sodes XENIAIS!!!
Hoxe hai que comezar a tomar nota de cantos BURPEES sodes capaces de facer, moito ÁNIMO!!
A segunda actividade do día é xogar ao "FRONTÓN", coma sempre, adaptándoo ás casas. Podemos xogar de xeito individual cunha pelota pequena que quepa na palma da man. Hai que golpear coa man cara á parede e deixar que dé un bote antes de volver a golpeala. Vanse contando a cantidade de golpeos que somos capaces de facer seguidos. Tamén podemos xogar por parellas, golpeando unha vez cada un, e tamén tentar aguantar o máximo posible sen fallar.
LUNES 20
Hoxe é luns e saúdannos Martín e Sara.
Esta semana propóñovos un reto, O RETO DOS BURPEES,
Tedes que facelos todos os días desta semana. O luns os facedes libremente, para practicar e que saian ven, os facedes varias veces ao día. O martes tedes que contar cantos sodes capaces de facer seguidos, como moito dúas veces no día. O resto dos días da semana tedes que intentar superar o voso record do día anterior. Anotar cantos facedes cada día e o venres mandádesme os resultados.
Para o segundo exercicio do hoxe utilizaremos un xornal, collemos unha folla e a cortamos polo medio (de arriba a abaixo). Primeiro faremos exercicios coa folla estirada: levala enriba da cabeza, nas dúas mans coma unha bandeixa, nuha soa man, na outra, na espalda camiñando a gatas... e para rematar temos que ser capaces de correr con ela no peito sen tocala cas mans.
Agora facemos unha bola coa folla e xogamos con ela, a lanzamos e a recollemos sen que caia ao chan, o mesmo dando unha palmada, dúas... Cantos toques somos capaces de facer sen que caia? Tamén se pode xogar a encestar, ao futbol...
VENRES 17
MIRADE QUE BEN FIXO AS LETRAS DO SEU NOME LOIS
SODES CAPACES DE AVERIGUAR A MENXASE QUE NOS ENVÍAN NICO, ELENI E OS SEUS PAIS??
Para hoxe anímovos a facer un comecocos deportivo e o xogo do calentamáns.
COMECOCOS: deíxovos unhas indicacións para facelo e despois debaixo dos números deberedes por oito exercicios (saltos, flexións, abdominais...) aconséllovos dez repeticións do que os toque, SORTE. Como o tempo non acompaña para xogar nos xardíns, podedes personalizar os comecocos ben bonitos e mardarme as imaxes.
CALENTA MÁNS: xógase entre dous, un extende os brazos diante do corpo coas máns boca arriba e o outro extende os seus brazos colocando as máns boca abaixo suavemente enriba das do compañeiro. O obxetivo é que o que ten as máns por debaixo tente dar unha palmada nas máns do outro. O que gaña pon as máns debaixo e comenza outra vez o xogo.
XOVES 16
Ola chic@s!!, para hoxe teño preparadas dúas propostas.
Para a primeira, necesitades unha pouca de roupa: tenis, calcetíns, chaqueta, gorro... O exercicio o podemos facer no corredor da casa, deixamos a roupa nun extremo e comezamos a carrera no outro. Consiste en ir e volver o mais rápido que poidamos poñéndonos unha prenda de roupa en cada viaxe, e así ata ter toda a roupa posta. Se é un só neno, cronometramos o tempo e, cando esté recuperado, repetimos. Se son varios nenos, podemos facelo igual ou os dous á vez.
Os nenos maiores debedes utilizar tenis con cordóns e camisa con botóns para complicalo mais.
Na segunda actividade, é mellor que a fagades entre dous ou, mellor todavía, que a fagades en familia. Consiste en formar letras, números ou palabras co corpo. Crear menxases e enviarme as fotos.
MÉRCORES 15
Que tal rapaces? Para hoxe teño preparada unha sesión con vasoiras, pelotas, globos e outros obxetos que os suxira a vosa imaxinación.
Podedes comezar guiando a pelota polo chan coa basoira sorteando obstáculos (caixas, peluches, mesas...), tamén podedes facer carreiras para ver quen é mais rápido ou tomar o tempo que se tarda en completar o percorrido.
Agora deberedes facer o exercicio anterior, pero mantendo un globo no aire sen que se caia.
Tansportaredes un obxecto coa axuda de dúas vasoiras por parellas.
Facer equilibrios coa vasoira na palma da man, na punto dos dedos, parados, camiñando, etc.
Xogar ao golf, hoquei.
Tede moito coidado para non faceros dano e non rompades nada da casa.
Mañá mais.
COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE
Ola rapaces, como o levades?. Seguro que ben.
Comenzamos o terceiro trimestre e supoño que, despois deste descanso, teredes forzas para afrontar a recta final deste curso tan disparatado.
Para esta primeira sesión necesitamos moitos peluches e/ou bonecos, tamen necesitamos dúas papeleiras grandes ou caixas.
Para quentar, temos que deixar todos os bonecos tirados polo chan do corredor e unha caixa en cada extremo. Xogamos por equipos, a ver que recolle máis bonecos, só podemos levar un de cada vez. Repetimos varias veces e podemos roubar os bonecos da caixa contraria.
O seguinte exercicio consiste en imitar, recorrendo o corredor, a forma de camiñar de cada boneco que temos na caixa .
Escondite: agochamos un peluche e a outra persoa debe atopalo coas indicacións de frío-quente. Tamén podemos agochalos todos e tentar atopalos antes que o outro.
Outros xogos poden ser encestar os bonecos nas caixas, carreras levando o peluche en distintas partes do corpo, ...
Para rematar, faremos unha relaxación tumbados boca arriba, coas pernas flexionadas e cun peluche enriba do abdomen. Tentaremos subir e baixar o peluche respirando despacio sen que caia.
Recomendación para as vacacións
Nestas vacacións nada de descansar, déixovos unha recomendacións que compartiu comigo unha colaboradora do colexio.
Espero que vos sexan útiles, parécenme moi interesantes.
Botádelle un ollo ¡¡
Venres 3
Hoxe non vou poñer máis tarefas xa que é día de boletíns, pero quero aproveitar para daros a noraboa polo voso traballo destes días.
Desconectar un pouco das tarefas académicas.
Seguide así, e como dí a miña prezada e admirada deportista Desire Vila, non pensemos no que nos falta, senón que disfrutemos do que sí temos, tempo para estar en familia.
As miñas recomendación para estes días son ...
Unha aperta moi forte para todos e todas !!
XOVES 2
Ola a todos, xa estamos a xoves e para hoxe preparei unha clase con vasos (mellor de plástico), para traballar a puntería. Hai que lanzar, encestar, derribar e construir torres
Para rematar os propoño xogar ao escondite por toda a casa. Pasadeo ben, ata mañá.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
