XOVES 16

Ola chic@s!!, para hoxe teño preparadas dúas propostas.

Para a primeira, necesitades unha pouca de roupa: tenis, calcetíns, chaqueta, gorro... O exercicio o podemos facer no corredor da casa, deixamos a roupa nun extremo e comezamos a carrera no outro. Consiste en ir e volver o mais rápido que poidamos poñéndonos unha prenda de roupa en cada viaxe, e así ata ter toda a roupa posta. Se é un só neno, cronometramos o tempo e, cando esté recuperado, repetimos. Se son varios nenos, podemos facelo igual ou os dous á vez.

Os nenos maiores debedes utilizar tenis con cordóns e camisa con botóns para complicalo mais.

 

Na segunda actividade, é mellor que a fagades entre dous ou, mellor todavía, que a fagades en familia. Consiste en formar letras, números ou palabras co corpo. Crear menxases e enviarme as fotos.