LUNES 20

 

Hoxe é luns e saúdannos Martín e Sara.

                                                              

Esta semana propóñovos un reto, O RETO DOS BURPEES,

Tedes que facelos todos os días desta semana. O luns os facedes libremente, para practicar e que saian ven, os facedes varias veces ao día. O martes tedes que contar cantos sodes capaces de facer seguidos, como moito dúas veces no día. O resto dos días da semana tedes que intentar superar o voso record do día anterior. Anotar cantos facedes cada día e o venres  mandádesme os resultados.

 

Para o segundo exercicio do hoxe utilizaremos un xornal, collemos unha folla e a cortamos polo medio (de arriba a abaixo). Primeiro faremos exercicios coa folla estirada: levala enriba da cabeza, nas dúas mans coma unha bandeixa, nuha soa man, na outra, na espalda camiñando a gatas... e para rematar temos que ser capaces de correr con ela no peito sen tocala cas mans.

Agora facemos unha bola coa folla e xogamos con ela, a lanzamos e a recollemos sen que caia ao chan, o mesmo dando unha palmada, dúas... Cantos toques somos capaces de facer sen que caia? Tamén se pode xogar a encestar, ao futbol...