Ed. Física
MÉRCORES 3
Hoxe mércores é Álex de infantil o que nos desexa bo día, cunha imaxe das refrescantes actividades da semana pasada.
Hoxe, despois de practicar o baile da semana da música para relaxarnos recoméndovos o seguinte xogo:
Resistir arisa
Consisteen pedir ao neno que mire a outra persoa permanecendo en todo momento quieto e manter a compostura tentando no rir, mentres que a outra persoa debe facer todo o posible por facerlle rir. Serve desde tentar soster a mirada, facer bromas e incluso cóxegas.
MARTES 2
Ola, hoxe que vos desexa bo día é Pablo, que nestes días está aprendendo a montar enbici sen rodíns, moi ben Pablo!!
Xa tedes escollida unha canción para bailar na semana da música?? Se queredes podedes poñervos de acordo con algún compañeir@ e bailar a mesma canción, como faciades no cole.
Cando rematedes de ensaiar podedes botar unhas partidas ao tres en raia, pero hoxe en carreira: se necesitan 2 xogadores, 3 fichas cada xogador (pezas de roupa, xoguetes) e 9 aros o similar. Os dous xogadores se colocan na liña de saída onde teñen as 3 fichas, ao sinal de “XA” comezarán a correr cunha ficha, ata os aros que están situados en fronte, a certa distancia, e deixarán a ficha dentro dun aro e volverán correndo o máis rápido posible a por outra ficha e repetimos tentando formar tres en raia. Se non formamos o tres en raia, podemos cambiar as fichas, de unha en unha, pero pasando sempre pola saída primeiro.
LUNS 1
Ola, bo día. Hoxe comezamos o mes de xuño, como pasa o tempo!!
Mirade que ben o pasaron na súa ruta polo monte Ian e Zeltia.
O RETO desta semana vai consistir en que participedes na semana da música do cole facendo un baile ou coreografía. Ensaiade moito e cando os saia ben, xa sabedes, gravade un vídeo e mandalo ao correo antontreixadura@gmail.com antes do 5 de xuño.
Despois de adicar tempo ao baile os recomendo un xogo tranquilo e para o que necesitades moita concentración, é o xogo de QUEN FALTA? No cole o facemos con nenos, pero na casa podedes facelo con bonecos, xoguetes… consiste en colocar nunhahabitación de 10 a 20 obxectos xuntos, e o neno que vai xogar ten un tempo para fixarse (30 segundos o máis dependendo da idade e do número de obxectos) pasado ese tempo sairá da habitación para que se lle quite un, sen que o vexa, logo volverá a entrar na habitación e tentará adiviñar o que falta. Pódese facer o xogo máis complicado si remexedes os bonecos ou se quitades máis de un. Espero que o pasedes ben.
VENRES 29
Ola, bo día, rematamos a semana e seguimos con moita calor, por iso os exercicios de hoxe van adicados a todos os que poidades refrescaros nunha piscina, son xogos que seguro xa coñecedes.
MARCO-POLO: é un xogo de pillar ao compañeiro. O que queda ten que ir cos ollos pechados dicindo “Marco”, os outros se moven pola piscina contestando “Polo”. Se o que queda pilla a alguén e adiviña quen é cambian os postos.
A BUSCA DO TESOURO: Debes tirar algo que se afunda no agua e que sexa vistoso, un aro de cor ou algún obxecto brillante. Os participantes deberán pechar os ollos no momento en que tiras o 'tesouro'. Abrides os ollos e a por el.
NATACIÓN SINCRONIZADA: Consiste en facer movementos de baile dentro da agua
XOVES 28
Bo día, coma a calor apreta, seguiremos coas actividades refrescantes.
Hoxe recomendo uns xogos para facer nos xardíns ou patios.
Xogar con pistolas de auga, non necesita moita explicación, podedes montar en verdadeiro Paintball de auga.
Piñata de auga, tendes que conseguir romper os globos cun pau.
Pista deslizante, se tedes un plástico ancho e resistente ocolocades no xardín e o mollades cunha mangueira, agora só os fan falta uns flotadores para deslizarse.
Rociador, necesitades unha mangueira e unha botella de plástico, mirade a foto!! tendes que, pasar por debaixo ou saltando, mollándose o menos posible.
MÉRCORES 27
Bo día, como levades a calor???
Hoxe vos propoño unha sesión pasada por auga para refrescarse un pouco. Vos recomendo os seguintes exercicios:
- Globos voladores: temos que encher un globo de auga e ir pasándoo, tentando que non caia ao chan, cando rompa nos mollaremos e estaremos super fresquiños.
- Carreira con vasos de auga: teredes que levar un vaso cheo de auga enriba da cabeza ata un cubo e repetir ata encher o cubo. Tamén se pode levar o vaso sobre un frisbi na cabeza.
- As esponxas: hai que colocar dous recipentes separados, e levar a auga do primeiro ao segundo enchendo unha esponxa no primeiro recipente e escurríndoa no segundo e así transportar toda a auga.
- Limbo refrescante: o tradicional xogo do limbo pode ser máis divertido si se fai cun chorro de agua. É tan sinxelo como utilizar unha mangueira e que os nenos pasen por debaixo sen tocar a auga. O perdedor levarase un bo remollón.
MARTES 26
Hoxe é a gran ximnasta Zeltia a que nos desexa bo día.
Xa estades a preparar a ruta do RETO desta semana?? xa me contaredes...
Martes tamén sobre rodas, invítovos a que montedes un circuito para percorrer cunha bici, patíns, monopatín... os recomendo incoporar ao voso percorrido os seguintes elementos:
- un zig-zag
- rodear algún obxecto
- pasar por alguha zona estreita
- baixar unha acera ou similar
- saltar un pau ou unha corda
LUNS 25
Bo día, comezamos a semana con novidades, cambiamos á fase 2, poderemos sair con máis facilidade e parece que imos ter unha semana cun tempo propio de verán, por iso o RETO que os propoño esta semana consistirá en facer algunha ruta na natureza, pode ser en bici ou camiñando.
Esta vez o RETO necesita algo máis de preparación e moita colaboración dos país. Elixide o día e planificade a actividadeen familia con calma, se é posible escoller unha ruta o lugar novo para os nenos, así será algo especial. Escollede unha ruta axeitada á idade dos nenos e tede en conta a temperatura para programar a hora. Preparade a roupa e o cazado axeitado, levade auga e non vos preocupedes de grabar vídeos, desfrutade da ruta.!!
Se podedes mandar fotos ou información sobre as rutas, xenial, porque así as compartirmos e podemos coñecer e disfrutar de máis espazos fermosos.
Tamén os irei enviando outras propostas diarias, para os días que nos saiades
Para hoxe unha actividade sobre rodas,que os nenos xoguen libremente con bicis, patíns, monopatíns..., logo podemos pedirlles que fagan carreiras o máis lentamente posible, gaña o último en chegar a meta.
VENRES 22
Bo día, xa estamos a venres e hoxe é o último día do RETO, ánimo.
Para rematar a semana, propóñovos que xoguedes un partido de fútbol en familia. Os que poidades, por suposto, ao aire libre. Para os que o fagades dentro de casa, recoméndovos que xoguedes cunha pelota de espuma pequena, é moi divertido!!
Desfrutade do fin de semana, o luns voltamos.
XOVES 21
Bo xoves, seguimos un día máis co RETO dos toques de balón, non deixedes de entrenar, seguro que cada día sae mellor.
Continuamos traballando cos pes. Hoxe imos facer dous exercicios:
- Marcamos un campo de xogo, cunha portería e unha pequena área, e poden participar de 2 a 4 xogadores. Todos tentarán marcar gol e un queda na portería, o que consiga marcar cambia de posto co porteiro.
- Agora temos que construir un campo, marcando dous porterías e unha línea no medio do campo. O xogo consiste en tentar marcar gol na outra portería sen pasar da línea do medio do campo. Podedes xogar 1 contra 1 ou 2 contra 2.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
