COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE
Ola rapaces, como o levades?. Seguro que ben.
Comenzamos o terceiro trimestre e supoño que, despois deste descanso, teredes forzas para afrontar a recta final deste curso tan disparatado.
Para esta primeira sesión necesitamos moitos peluches e/ou bonecos, tamen necesitamos dúas papeleiras grandes ou caixas.
Para quentar, temos que deixar todos os bonecos tirados polo chan do corredor e unha caixa en cada extremo. Xogamos por equipos, a ver que recolle máis bonecos, só podemos levar un de cada vez. Repetimos varias veces e podemos roubar os bonecos da caixa contraria.
O seguinte exercicio consiste en imitar, recorrendo o corredor, a forma de camiñar de cada boneco que temos na caixa .
Escondite: agochamos un peluche e a outra persoa debe atopalo coas indicacións de frío-quente. Tamén podemos agochalos todos e tentar atopalos antes que o outro.
Outros xogos poden ser encestar os bonecos nas caixas, carreras levando o peluche en distintas partes do corpo, ...
Para rematar, faremos unha relaxación tumbados boca arriba, coas pernas flexionadas e cun peluche enriba do abdomen. Tentaremos subir e baixar o peluche respirando despacio sen que caia.