Ed. Física
Campionato provincial campo a través
Hoxe, día 1 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria participou no Campionato provincial de campo a través, organizado por XOGADE, no que competiron 1300 escolares da provincia.
Tivo lugar na Azucareira de Portas e os nosos tiveron unha xornada de deporte, convivencia e diversión. Unha vez rematada a competición poiderion repoñer forzas disfrutandi dunha chocolatada.
Podedes consultar a noticia no seguinte vínculo
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/02/01/1-300-escolares-compiten-final-82322557.html
Petanca
Hoxe os nenos/as de 3º de primaria tiveron a primeira das dúas sesión que XOGADE vai a impartir no centro.
Aprendimos unhas nocións básica de como lanzar a bola, como colocar as mans,...
Na vinderia sesión do día 6 de febreiro poderán xogar entre eles e poñer en práctica as cousas que aprenderon.
XOGABALONMAN
XOGABALONMAN
Nesta semana tivemos dúas das catro sesións que adicaremos durante o mes de novembro ao deporte do balonmán. O clube Seis do Nadal, a través do programa XOGADE, traballou co alumnado de 4º de primaria, actividades de iniciación a este deporte de pelota. Deixovos fotos desta primeira semana.
HIP HOP
Hip Hop
Todos os xoves do mes de novembro os alumnos e alumnas de 5º de primaria disfrutan dunhas sesións de hip hop organizadas polo programa Xogade e impartidas por Daniel Suárez da academia DA (Dance Academy).
Cada semana irei subindo fotos da actividade, estade atentos.
Aquí tedes o voso vídeo para que practiquedes na casa.
ATLETISMO
ATLETISMO
Os alumnos e alumnas de 3º de primaria tiveron hoxe a oportunidade de coñecer e practicar diferentes probas de atletismo,
Carreiras
Relevos
Salto de lonxitude
Salto de vallas
Lanzamento de Vortex
gracias ás actividades que nos ofrece o programa Xogade.
Xoves 18
Chegou o momento da despedida, hoxe é o derradeiro día do curso e mañá teredes as notas.
Este foi un curso distinto para todos, unha situación nova, que nos obrigou a facer cambios nas nosa vidas, de súpeto, dun día para outro, sen preparación nin aviso. Por iso, quero felicitarvos polo rápido e ben que vos adaptástedes a traballar desde a distancia, por convertir as vosas casas en aulas e sobre todo en XIMNASIOS, e tamén por facer deporte en familia.
A verdade é que fixemos un montón de actividades, de todo tipo, moitas... comprobádeo vos mesmos no seguinte vídeo que vos deixo de recordo deste curso tan peculiar.
Mércores 17
Bo día.
A partir de hoxe xa non mandarei máis propostas, pero iso non quere dicir que non teñades que facer exercicio, ao contrario, espero que practiquedes moito deporte durante todo o verán.
Hoxe quérovos felicitar polo voso esforzo, porque traballástedes dende as casas coma se fora o máis normal. Tamén vos dou as grazas por compartir con tod@s as fotos e vídeos dos vosos traballos, porque nos facía sentir coma se estivésemos no cole. Por iso vos deixo este diploma.
Imprimilo desde o ficheiro adxunto e porlle o voso nome, porque o merecedes, NORABOA!!
MARTES 16
BO MARTES!!
Despois das imaxes das posturas, de Sara e Martín de onte, hoxe é Sara, de cuarto, a que se animou a retarnos con máis posturas, veremos quen é quen de imitala!
Tamén os propoñe Gabriel, de terceiro, botar unhas carreiras cun amigo, mirade.
LUNS 15
Bo día, hoxecomezamos a derradeira semana,deste curso tan “raro”
Imos facer o último esforzo, ánimo!!
Esta semana seguirei publicando as vosas propostas, hoxe son Martín e Sara os que comparten connosco unha táboa de exercicios para facer na casa. Seredes capaces de imitar todas esas posturas?? Seguro que si, probade.
