Ed. Física

Mércores 17

 

Bo día.

 

A partir de hoxe xa non mandarei máis propostas, pero iso non quere dicir que non teñades que facer exercicio, ao contrario, espero que practiquedes moito deporte durante todo o verán.

 

 

Hoxe quérovos felicitar polo voso esforzo, porque traballástedes dende as casas coma se fora o máis normal. Tamén vos dou as grazas por compartir con tod@s  as fotos e vídeos dos vosos traballos, porque nos facía sentir coma se estivésemos no cole. Por iso vos deixo este diploma.

 

 

 

 

 

Imprimilo desde o ficheiro adxunto e porlle o voso nome, porque o merecedes, NORABOA!!

 

 

 

MARTES 16

 

BO MARTES!!

 

Despois das imaxes das posturas, de Sara e Martín de onte, hoxe é Sara, de cuarto, a que se animou a retarnos con máis posturas, veremos quen é quen de imitala!

 

         

 

Tamén os propoñe Gabriel, de terceiro, botar unhas carreiras cun amigo, mirade.

 

 

LUNS 15

 

Bo día, hoxecomezamos a derradeira semana,deste curso tan “raro”

 

Imos facer o último esforzo, ánimo!!

 

 

Esta semana seguirei publicando as vosas propostas, hoxe son Martín e Sara os que comparten connosco unha táboa de exercicios para facer na casa. Seredes capaces de imitar todas esas posturas?? Seguro que si, probade.

 

      

 

 

 

 

 

VENRES 12

 

Bo día, para rematar a semana déixovos dous vídeos.

 

 

 

O primeiro é de Claudia de infantil, que nos reta a botar unha pelota subida a unha altura, mirade que ben o fai co pequerrecha que é.

 

 

 

 

No segundo vídeo, Valeria de 2º móstranos o rápido que é capaz de facer os burpees, mirádeo que é moi divertido.

 

 

 

 

BO FINDE

 

XOVES 11

 

Bo día, xa estamos a xoves, e temos outra achega vosa.

 

O reto de hoxe é unha idea de Eleni e Nico, grazas.

Mirade que ben o fan!!

 

 

 

 

 

Podedes  crear as vosas variantes e despois envialas ao meu correo para podelas compartir con todos os nenos do cole.

 

 

 

MÉRCORES 10

 

Bo día.

 

Hoxe son Ian e Zeltia os que nos presentan  un divertido traballo. Mirade que ben lles sae!! Vos atrevédes??

 

 

MARTES 9

 

Bo martes!

 

Hoxe comezamos coas vosas propostas!!

 

A primeira vai ser a de Anxo de segundo de primaria, que aproveitando que estes días sopra forte o vento, saíu coa súa familia a voar a cometa. Moi ben Anxo, encántanos a túa idea.

 

Agora quen se anima a voar as cometas!!  Que vento temos moito.

 

 

LUNS 8

 

Ola de novo, hoxe quero desexarvos bo día cun vídeo de Martín Sotelino, no que nos ensina que nestes días atreveuse a  montar en bici sen rodíns e agora lle sae moi ben, parabéns Martín!!

 

 

Como os foi o fin  de semana? Logo de ver os vídeos que recibín, podo supoñer que xenial. Alégrome!!

 

Xa estamos na recta final do curso, e coma cando estamos no colexio, agora os toca a vos escoller os exercicios que máis os  gustan, algúns xa comezáchedes a mandar vídeos de xogos e actividades que facedes pola vosa conta.

 

Así que a partir de agora o que farei cada día é propoñer as vosas ideas e os xogos, enviádeme correos para compartir cos compañeiros, coma se foran RETOS.  A partir de mañá comezarei a publicalos.

 

Hoxe despídome coas imaxes dos  castelos de cartas que fixéchedes , bo traballo!!


 

 

 

VENRES 5

Bo día, lembrade que hoxe é o último día para enviar os vídeos da semana da música.

 

Para hoxe e para o fin de semana recoméndovos actividades ao aire libre.

As propostas nolas presentan compañeiros do noso cole.

Primeiro son  Nico e Brais de 5º, que nos invitan a que xoguemos coma eles.

 

 

E para rematar, Sara e Martín invítannos a que disfrutemos dunha ruta pola natureza, como a que fixeron eles a semana pasada, mirade...

 

 

Xoves 4

 

Como onte mércores día 3 foi o Día Mundial da Bicicleta un grupo de nenos/as do colexio nos envían unha foto coas súas bicis no parque de Castrelos.

Un abrazo virtual para todos/as.

 

 

 

 Xa tedes o baile para a semana da música gravado??  Ensaiade un pouco máis e enviádeo xa.

 

 Para cando rematedes de bailar, os teño preparado un exercicio con cartas, teredes que construir un castelo coma este:

 

                                   

 

 

                                  

 

 

Distribuir contido