MARTES 21

Gústame moito o voso traballo nas casas. Sodes XENIAIS!!!

               

 

Hoxe hai que comezar a tomar nota de cantos BURPEES sodes capaces de facer, moito ÁNIMO!!

       

 

A segunda actividade do día é xogar ao "FRONTÓN", coma sempre, adaptándoo ás casas. Podemos xogar de xeito individual cunha pelota pequena que quepa na palma da man. Hai que golpear coa man cara á parede e deixar que dé un bote antes de volver a golpeala. Vanse contando a cantidade de golpeos que somos capaces de facer seguidos. Tamén podemos xogar por parellas, golpeando unha vez cada un, e tamén tentar aguantar o máximo posible sen fallar.