Ed. Física

MÉRCORES 20

Bo día, xa estamos a mércores, seguimos co RETO e co balón. Ide contándome cantos toques facedes.

O traballo de hoxe consiste en construir un percorrido co balón, os que poidades, facelo ao aire libre e aproveitar este tempo tan bo que temos. Recoméndovos incluir no percorrido, un zig-zag, pasar o balón por debaixo dalgún obxecto, por riba de outro, xirar, camiñar de costas, e todo o que querades incluir, sorprendédeme.

Para rematar os propoño un xogo máis tranquilo, o TRES EN RAIA.

                              

Déixovos un vídeo dos vosos traballos cos globos da semana pasada.

MARTES 19

Bo día, que tal vai o RETO desta semana??? supoño que xenial, espero os vosos vídeos.

Xa que estamos co balón, seguimos con el. Propóñovos algúns exercicios, facer os que poidades ou inventar os vosos xogos e enviarme os videos para poder compartilos cos vosos compañeiros.

Pases por parella: coas mans dende detrás da cabeza, cos pes, de espaldas por debaixo das pernas, coa cabeza, pases a distintas alturas...

             

Tamén por parellas, un sentado e o outro de pe, pases coas mans, pero os pases os diriximos un pouco aos lados (cada 10 pases cambiamos as posicións)

Agora tedes que montar unha portería, e facer tiros a portería, cada 10 cambiades os postos (lanzador-portero)

 

LUNS 18

Ola a tod@s!! que tal a fin de semana, aproveitáchedes o bo tempo que tivemos??

Como parece que vai continuar o bo tempo, todos os que poidades esta semana facedes os exercicios ao aire libre.

O RETO desta semana nolo presenta Sergio Vila de 4º

 

Consiste en darlle toques ao balón cos pes, nocellos, cabeza e peito, sen que caia. Os máis pequenos podedes facelo cun globo ou pelota de espuma.

Practicar toda a semana e logo enviarme o video, foto ou mensaxe ao correo co voso resultado, lembrade que os contidos son avaliables.

 

O segundo exercicio do día consiste en facer un percorrido co balón coma fan Samuel e Claudia.


 

VENRES 15

Xa estamos a venres, e hoxe para rematar co reto desta semana vos teño preparada unha sesión con globos.

Para coñecer os exercicios de hoxe  teredes que ver o video que preparei coa axuda duns colaboradores moi especiais. Espero que o pasedes ben.

 

 

Para rematar propóñovos estoupar os globos, ben sentándose enriba ou, se vai calor, enchéndoos con auga e xogar a pases ata que estoupen, non vos molledes moito 

Bo finde.

 

 

 

XOVES 14

Bo día, hoxe para comezar temos a Ian entrenando o RETO desta semana. Ímos que só queda hoxe e mañá para conseguir o record.

Como parece que o día non acompaña moito para facer exercio ao aire libre, déixovos uns videos para bailar e cantar.

 

MÉRCORES 13

Bo día, como ides co globo?? canto tempo aguantades sen que caia??

 

Para hoxe téñovos preparados dous xogos sensoriais, son xogos por parellas.

DEBUXAR NAS COSTAS: consiste en debuxar nas costas do outro, e este ten que adiviñar o que lle debuxan. Podedes comezar por algo sinxelo (letras, números..) e logo o iremos complicando (palabras e debuxos). O que está a adiviñar pode dicir que lle escriben o escribilo nunha folla. O mellor é debuxar co dedo directamente nas costas.


ADIVIÑA QUE É: o primeiro que hai que facer é preparar unha bolsa con obxectos (5 mínimo), despois o outro ten que coller un só obxecto, cos ollos pechados e tentar adiviñar que é co tacto.

MARTES 12

Bo martes, como ides co reto?  tedes que tentar mellorar o traballo de onte.

 

Hoxe imos aproveitar os globos ou lubas do reto para facer un pouco de exercicio, xogaremos ao TENIS coa man.

Propóñovos montar un terreo de xogo, con dous campos separados por algún obxecto (moble, cadeiras, mesa...) e xogar a que non caia o globo no noso campo.

Podemos xogar aos puntos, cada vez que consigamos que caia o globo no terreo contrario sumamos 1 punto, e o que chegue a 10 puntos gaña, e voltamos a comezar.

LUNS 11

Bo día, comezamos a semana cun video dos traballos dos vosos avións.

 

O RETO desta semana é o seguinte, tedes que conseguir manter un globo ou unha luba inflada no aire, sen que toque o chan, entre 30 segundos e 1 minuto. Os máis pequenos podedes facelo de pé, os que seades un pouco máis maiores de xeonllos e os maiores en posición plancha.

Para rematar o luns os recomendo un xogo tradicional que todos coñecedes, o ESCONDITE.

VENRES 8

PREPARADOS, LISTOS, XA...

     

CARREiRAS:

  • Un só lanzamento,  medimos (cun metro, pasos, pies...) e repetimos.
  • Lanzamos todos á vez e gaña o que chega máis lonxe.
  • Marcamos de anteman un percorrido pola casa e gaña o que antes chega ao final.

PUNTERÍA: para este exercicio necesitamos facer unha diana coma a de Aroa e Marta, pode ser de tela coma a delas ou facela cunha folla enteira de xornal.

                     

 

  • A puntos, se realizan tres lanzamentos e súmanse os puntos.
  • Cada un co seu avión, hai que conseguir que pase polos buratos seguindo a orde dos números, gaña o primeiro en rematar.

 Bo finde!!

 

XOVES 7

Ola, cómo levades a semana???

 E os avións, xa os tedes preparados para mañá??? Adrián e Nerea Fontán xa os teñen, mirade...

Hoxe imos a facer circuitos pola casa ou ao aire libre  (os que poidades)

Tedes que incorporar nos vosos circuitos os seguintes elementos:

  • Recorrido de obstáculos, para reptar, saltar, rodear, esquivar, pasar por debaixo e por riba...
  • Burpees.
  • Abdominais.
  • Rodar.
  •  E un pouquiño de imaxinación.

 

Deíxovos uns exemplos de uns compañeiros, ¿a que o fan ben?


 

Distribuir contido