Actividades propostas para 4ºEP (20 de abril - 26 de abril )

Bos días!
Parabéns polos traballos realizados, incluíndo os da plataforma Snappet!
 
Nesta semana (do 20/4/20 - 26/4/20 ) envíovos a nova proposta de tarefas para facer ao longo dela:                   

  • LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

  • MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

  • MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

  • XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

  • VENRES: Ciencias Sociais (actividades de C.C.Sociais na web do centro

Para Valores Sociais e Cívicos: Ler un conto ou poesía en voz alta.  Identificar as emocións básicas que aparecen (tristeza, felicidade, sorpresa, asco, medo, ira-enfado-) e as que che fan sentir a ti.


Os cadernos de Santillana dos enlaces do centro quedan como recurso para que poidades utilizar se acabades co traballo de Snappet e demandades máis actividades ; ou se por calquera motivo non puiderades acceder a Snappet.


Continuade tamén co visionado de Educlan TV polas mañás.


Anímovos de novo a que sigades xogando e aprendendo moito xogando.
Tamén a que leades, a que leades moito: contos, novelas, ou outros xéneros que vos gusten.  E a escribir, a escribir todo aquelo que vos acontece, que vos cuestionedes, que vos emociona, que vos gusta...  Podedes seguir ou comezar con ese diario que vos propoñía na primeira quincena deste período, ese diario que é para vós, persoal, pero que pode axudarvos tanto no avance da expresión escrita como facervos compaña nas emocións.
Tamén podedes seguir facendo traballos sobre calquera tema ou personaxe que vos motive, escribilos a man ou no ordenador e envialos ao correo do centro para compartilos na web do colexio.  Como suxerencia, tedes todo o relacionado co Proxecto deste curso: O cambio climático, reciclaxe...


Moitos saúdos para tod@s!