C.C. Sociais: O planeta Terra e o cambio climático.

Bos días!

Na publicación anterior, o oleiro aparecía no terceiro vídeo, o referido ao sector secundario, entre o minuto 1:19 segundos e o 1:22.  Seguro que o acertastes!

Achégovos hoxe uns novos vídeos sobre a Terra, a súa posición dentro do Sistema Solar, unhas curiosidades sobre os planetas, que é iso do efecto invernadoiro e a que nos referimos cando falamos de quecemento global e de cambio climático (non é o mesmo, veredes!).

Propóñovos uns novos RETOS:

- Como se chaman os fragmentos de rocha que hai detrás de Marte?

- Cantas lúas ten Xúpiter?

- En que consiste o efecto invernadoiro?  Explícao coas túas palabras.

- Que é o cambio climático?

Ánimo!

O Sistema Solar

https://www.youtube.com/watch?v=vQIsQK4m7Qk

Efecto invernadoiro

https://www.youtube.com/watch?v=0IYozXSfHDs

Cambio climático e quecemento global

https://www.youtube.com/watch?v=4_luP3GdAmE