DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 18 -19 | |||||
Premendo na imaxe accédese ao noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2018-2019 no que, seguindo os tres eixos fundamentais (coidado do entorno, de si mesmo e das relacións), continuaremos con actividades xa iniciadas en cursos anteriores coma "A patrulla verde" ou "Xoves froita, venres bocadillo", o PROGRAMA TEI EN infantil e primaria e XOGOS NO PATIO. PODEMOS ACCEDER Á NOSA ÁS FOTOGRAFÍAS DAS ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA DESTE CURSO PREMENDO AQUÍ Nas entradas de abaixo podemos ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. |
|||||
Curso 18 - 19
DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA 2018 - 2019
PLAMBE CURSO 18 - 19 - "Mulleres Pioneiras"
PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2018-2019 "MULLERES PIONEIRAS" |
|||||
PROMOCIÓN 2010 - 2019
3º e 4º de Primaria visita Gadis
Os pasados 2 de abril e 14 de maio, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria respectivamente, fixemos unha visita ao hipermercado Gadis. Alí déronnos unha charla sobre a importancia de incluir unha dieta saudable na vida diaria, posto que implica unha mellora da nosa calidade de vida. Máis información premendo na imaxe. |
IMOS AO CORRELINGUA 2019
DÍA DO LIBRO 2019
O alumnado de 6º visita o submarino MISTRAL
O alumnado de 6º de Primaria visitou o submarino Mistral Esta actividade está enmarcada dentro do programa PITEAS na que participamos co proxecto OS SUBMARINOS Máis información e fotografías premendo na imaxe. |
ENTENDER A DISCAPACIDADE
CONCIENCIAR: A DISCAPACIDADE | |||||
ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR
ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR | ||||
De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa CUN CÓDIGO QUE SE ENVIOU NUNHA CIRCULAR INFORMATIVA. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro. Esta enquisa tamén vai destinada ao persoal do centro e ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Para acceder á enquisa: Para as FAMILIAS: https://edu.xunta.es/convfamil Para o PROFESORADO: https://edu.xunta.es/convdoce Para o PERSOAL NON DOCENTE: https://edu.xunta.es/convpas Para o ALUMNADO: https://edu.xunta.es/convobrig |
Musicreques
PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL : O dia 15 de marzo viñeron ao cole o grupo MUSICREQUES ,formado por dúas profes do conservatorio, que nos presentaron un contacontos musical dentro do programa de dinamización da música e da lectura do conservatorio San Viaño de Ferrol. As nenas e os nenos estiveron moi participativos nos contos ,imitando animais ,cantando,resolvendo adiviñas....e aplaudindo PASÁMOLO MOI BEN ¡¡¡ |
|
|||||
A Cociña Económica da as grazas
|
|||
Queremos trasmitir o agradecemento da Cociña Económica a toda a comunidade educativa, polos produtos de Antroido enviados por todos vós.Nesta ocasión superáronse as expectativas de anos anteriores.Unha oportunidade para o noso alumnado para aprender a compartir con quen o necesita.As palabras das encargadas da recollida dos alimentos son un agasallo para os oidos de todos nós: NUNCA FAIA O ISAAC PERAL! |
|||