Iago López Santosé mestre e contacontos. Tamén dedicase ao mundo do teatro como actor e director. Como autor de literatura infantil publicou "Ocociñeiro Martiño"e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas"; este último foi o que nos veu contar ao cole.
O día 10 de abril estivo no cole para os nenos de infantil, primeiro e segundo e contounos " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas"; hoxe celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Máis cando chega á horta as cenorias desapareceron!. Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo e para elo escolleu algúns axudantes entre os alumnos/as que atopou nese momento.
Os alumnos/as de 1º e 2º déronlle uns agasallos agradecendo o resultado da súa maravillosa cociña. Eles ofrecéronlle un fermoso postre cos seus traballos e os seus mellores desexos. Que fermosos son os debuxos dos nosos alumnos/as!!!.
Iago foi un experto cociñeiro de ilusións. Os alumnos disfrutaron moito con todos os seus consellos.
GRACIAS IAGO, GUSTÁRONNOS MOITO AS TÚAS CLASES DE COCIÑA.