O pasado 5 de abril estivo no cole Juan Manuel Carmona, un escritor sevillano autor do libro" 72 HORAS ". Viña acompañado de membros da Protectora "Hogar de Wilbur", que dedican os esforzos a buscar familias de acollida a animais que son abandoados. O alumnado de 4º participou activamente na xornada. O obxectivo da charla foi concienciar aos mais pequenos en valores como a necesidade de ser moi responsables se queremos ter unha mascota, e as vantaxes de adoptar antes de mercar un animal. Acompañounos un caniche moi simpático, tamén abandoado, e que xa atopou unha nova familia de acollida. O libro axuda a protectoras de animais (aportando coa venda) a metade das recaudacións. O libro edítao a plataforma "O poder de la lectura" e pretende fomentar o hábito lector.
|
|||||||
|
|||||||
|
|||||||
Imaxes graciosas para rematar cun sorriso | |||||||