Máis e mellor actividade física (MMAF)
TENIS NA ESCOLA
Enviado por paula o 3 Xullo, 2024 - 13:11TENIS NA ESCOLA
UN ANO MAÍS PARTICIPAMOS NESTE PROGRAMA DENTRO DO PROGRAMA CORRESPONSABLES EN COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS.
MAGOSTO 2023
Enviado por Anónimo o 27 Febreiro, 2024 - 13:01MAGOSTO 2023
Ao igual que os últimos anos, celebramos esta xornada con obradoiros de xogos populares.
Xornadas Extra de Promoción do Balonmano para 4º curso.
Enviado por Anónimo o 4 Xullo, 2023 - 11:06XORNADAS EXTRA de Promoción do Balonmano
DURANTE O MES DE NOVEMBRO DO 2022 PARTICIPAMOS CO ALUMNADO DE 4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NUNHAS XORNADAS ESPECIAIS DE BALONMÁN COMO FORMACIÓN COMPLEMENTARIA.
OS NEN@S DESFRUTARON E ESTIVERON MOI MOTIVADOS.
MOITAS A GRAZAS AO MONITOR (MARTÍN).
V CARREIRA SOLIDARIA
Xornada xenial o día 30 de marzo no noso cole para celebrar a V Carreira solidaria (coa protectora de animais Aloia de Tui) e conmemorando o día intenacional do autismo. Motias grazas a toda a comunidade educativa pola súa sempre participación e colaboración.
XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 12:14XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
OBRADOIROS DE XOGOS POPULARES
- A CHAVE DE ASPAS
- OS BOLOS CELTAS
- A BILLARDA
- A CARREIRA DE SACOS
- AS TORRES DOS CAROZOS
- XOGOS DE CHÁN
- MARIOLAS E LABERINTOS
- RELEVOS COA CULLER
GYMCANA DE CICLISMO E EDUCACIÓN VIARIA CON ASER ESTÉVEZ
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 11:12GYMCANA DE CICLISMO E EDUCACIÓN VIARIA CON ASER ESTÉVEZ
Boa xornada con Aser, traballando contidos relacionados coa educación viaria no pavillón do colexio. Actividade dirixida aos cursos de 6º, 5º e 4º de educación primaria.
PROGRAMA TENIS NA ESCOLA
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2022 - 14:55PROGRAMA TENIS NA ESCOLA
Por 3º ano consecutivo, colaboramos coa federación galega de tenis, e recibimos durante 4 semanas material a prestamo (24 raquetas e bolas de tenis de diferentes características).
O obxectivo e aproximar este deporte de raqueta ao noso alumnado, cunha unidade didáctica, onde traballamos lanzamentos, recepcións, uso de implementos, etc.
Iniciándose así ao Tenis.
XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2022 - 14:52XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
O pasado venres 11 de novembro celebramos a festa do magosto, coincidindo este ano co día do S. Martiño. Decidimos aproveitar esta celebración para practicar xogando a xogos populares, organizando varios obradoiros onde recuperamos a formación de 8 equipos co alumnado misturado dende infantil ata 6º curso de primaria.
Os obradoiros de xogos foron os seguintes:
- Billarda ou xogo da pincha no pavillón.
- As torres cos carozos do millo no patio cuberto.
- As carreiras de sacos na zona verde a carón do parque.
- Os bolos ou birlos na parte dinateira da sala de mestr@s.
- O xogo da chave de aspas fronte a clase de música.
- Xogos pintados na zona da calustra.
- Xogos pintados na zona da calustra.
- Relevos coas castañas no patio da entrada ao pavillón.
Sen dúbida foi unha xornada moi intensa e divertida, que rematou coas merendas, un ano máis cos choripans e coas castañas asadas.
INICIACIÓN AO GOLF NA ESCOLA
Enviado por Anónimo o 6 Xullo, 2022 - 00:11INICIACIÓN AO GOLF NA ESCOLA
Durante o mes de maio, durante os recreos e nas clases de educación física, os nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria estiveron practicando "golf". Todo elo grazas a un kid de mini golf que adquirimos no colexio.
A obxectivo era practicar antes de ir a saída ao aeroclub de Vigo a finais de mes.
PRIMEIRO AUXILIOS NA ESCOLA
Enviado por Anónimo o 5 Xullo, 2022 - 16:51PRIMEIROS AUXILIOS NA ESCOLA
Durante este curso varias cursos de educación primaria tuvieron a sorte de poder ter unhas primeras nocions de "primeiros auxilios" ante un caso de parada cardíaca ou similares.
A tecnica RCP foi a utilizada, tendo como material uns bonecos especiais prestados polo CFR de Vigo e cos cales tivemos as nosa primeiros experiencias en reanimación cardiorrespiratoria.
Moi boa e necesaria experiencia.
XOGOS E DEPORTES DA INDIA
Enviado por Anónimo o 5 Xullo, 2022 - 16:46XOGOS E DEPORTES DA INDIA
Durante o 1º trimestre grazas a Deepa (lector de inglés); practicamos varios xogos e deportes moi populares na India.
·
A 1ª experiencia foi o KABBADI: deporte moi curioso e de alta intensidade.
·
A 2ª foi a práctica do CRICKET: moi divertido xogar e motivante para os nen@s.
Sen dubida unha gran experiencia para todos.
Moitas grazas Deepa e moita sorte.
xogando ao criket
foto de familia con Deepak
Os de 6º xogando ó criket
SEMANA EUROPEA DO DEPORTE ESCOLAR
Enviado por Anónimo o 30 Xuño, 2022 - 11:57SEMANA EUROPEA DO DEPORTE ESCOLAR
Durante 1 semana todas as clases tuvieron que practicar varias probas físicas para intentar superar os 3 retos propostos polo equipo de deporte escolar da escola.
Bailar, pasar unha pelota en equipo e correr durante un tempo determinado foron as propostas escollidas.
A maioría o conseguiron o levaron como premio pasar un rato divertido en equipo e un certificado oficial para cada clase.
CERTIFICADO DA CLASE DE 2º
RETOS CONSEGUIDOS
BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2022 - 13:30BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA
No mes de xuño durante unha mañá o alumnado de infantil disfrutou desta actividade xogando a buscar as diferentes pistas para ir formando o mapa do tesouro e atopar o cofre do tesouro do pirata Metepata.
Foi unha experiencia moi divertida.
XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2021 - 13:00
XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO
O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.
Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.
BOLOS
CONSTRUCIÓNS CO MILLO
O XOGO DA CHAVE DE ASPAS
ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA EUROCIDADE VALENÇA- TUI 2021
Enviado por Anónimo o 14 Outubro, 2021 - 17:26O próximo domingo 24 de outubro vaise celebrar a III edición da carreira de Orientación Deportiva.
Será unha excelente oportunidade de facer deporte en familia ou con amig@s.
Lembrade o prazo de inscrición remata o 20 de outubro.
Mais información no panel do proxecto deportivo da escola de Guillarei.
E na páxina web www.xestanatureza.com
ANIMÁDEVOS